Jueves, 05 de Marzo de 2026

Actualizada Jueves, 05 de Marzo de 2026 a las 17:47:34 horas

Xornal21.es
Viernes, 26 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Xogos e obradoiros para aprender a reducir os residuos

O alumnado do CPR Santo Tomás participa estes días nas actividades sobre compostaxe enmarcadas no programa “Ponte a Zero”, impulsado pola Diputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello do Porriño,.

 

 

Estes obradoiros de educación ambiental teñen como obxectivo concienciar aos nenos e nenas da problemática dos residuos, conseguir un cambio de actitudes e responsabilidade na separación do lixo orgánico doméstico, obter un compromiso persoal ante a reducción deste lixo, e informar sobre a importancia da compostaxe como alternativa necesaria, ao ser máis económica e sustentable que os tratamentos actuais.

 

A través de xogos e obradoiros adaptados á súa idade e comprensión, como o “Xogo da Miñoca” e o obradoiro “Quen vive aí?”, o alumnado aprende a importancia de aproveitar os residuos orgánicos, convertilos en compost e coidar o medio ambiente.

 

O luns foi a quenda dos nenos e nenas de 1º de primaria, que participaron no Xogo da Miñoca. Trátase dunha variación do xogo da oca na que, formando equipos, teñen que pasar unha serie de probas e preguntas sobre que tipo de elementos se poden botar na composteira, como se produce a conversión da basura no compost ou que técnicas hai que aplicar.

 

Onte tocoulle á rapazada de 3º de primaria, co obradoiro “Quen vive aí?” no que aprenden a identificar os invertebrados presentes nos composteiros e a súa importancia no proceso de compostaxe.  

 

O obradoiro ¿Quen vive ahí?, no que aprenden a identificar os invertebrados presentes nos composteiros e a súa importancia no proceso de compostaxe.

 

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destaca a importancia de “concienciar aos máis pequenos sobre a importancia da separación dos residuos e do coidado do medio ambiente para conseguir un futuro mellor, máis sustentable e respectuoso”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.