GALICIA
O sector alimentario galego avanza unido cara a transición verde no Foro GREEN VALUE 4FOOD
O Clúster Alimentario de Galicia vén de celebrar este Foro a prol do desenvolvemento sostible e circular da cadea de valor alimentaria, que contou co patrocinio da Xunta de Galicia e ABANCA
O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) comprometido coa sustentabilidade do sector da alimentación e das bebidas, ten o obxectivo de acompañar ás empresas na súa transición verde e dixital. Por iso, vén de arrancar 2024 coa I Edición do Foro GREEN VALUE 4 FOOD, unha iniciativa a prol do desenvolvemento sostible e circular da cadea de valor alimentaria, que contou co patrocinio da Xunta de Galicia e ABANCA, e a colaboración de INSURE.Hub.
A xuntanza, celebrada esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela), reuniu a un centenar de persoas, sendo a meirande parte delas representantes de empresas alimentarias galegas, para debater en torno á sustentabilidade e a circularidade do sector.
Así, a través dun panel de 16 relatores expertos, o encontro permitiu abordar esta cuestión dende múltiples perspectivas, incluíndo, asemade, unha Exposición de Solucións Sostibles para o Ecosistema Alimentario, da que formaron parte, cos seus servizos a prol da sustentabilidade, ABANCA, Ambical, CO2 SmartTech, Diversey, PFS Grupo e Sergal.
O encontro finalizou co peche institucional a cargo de Andrés Rodríguez, presidente de Clusaga; e Ángeles Vázquez, Vicepresidente segunda e Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Durante a súa intervención, o presidente de Clusaga referiuse ao valor engadido que supón para as empresas, os seus produtos e a súa actividade, o feito de “entender o concepto de responsabilidade, ligado á sustentabilidade, dun xeito cada vez máis amplo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57