GALICIA
A UE selecciona un proxecto da Xunta como exemplo a seguir para a recuperación da Píllara das Dunas
A directora xeral de Patrimonio Natural asistiu esta semana en Coímbra á presentación de Iberalex, unha iniciativa financiada con fondos do POCTEP España-Portugal
A Unión Europea acaba de seleccionar para a súa inclusión no Programa de cooperación Interreg España-Portugal (POCTEP) un proxecto no que participa a Xunta dirixido á recuperación e mellora da conservación da píllara das dunas, unha ave cualificada como vulnerable e da que Galicia concentra a única poboación existente na costa cántabro-atlántica española.
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, asistiu en Coímbra (Portugal) ao acto de presentación de Iberalex, unha iniciativa liderada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e na que participan como socios a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a sociedade conservacionista portuguesa Vita Nativa e as universidades de Aveiro e Coímbra, pola parte lusa, e de Estremadura e Cádiz, pola española.
Cómpre subliñar que a píllara das dunas —charadrius alexandrinus— é unha ave autóctona de Galicia, a única comunidade do norte do país na que está presente, aínda que cunha poboación en situación de retroceso.
Neste sentido, Belén do Campo lembrou durante a súa intervención que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural puxo en marcha hai anos un plan de recuperación da especie na Comunidade, con medidas e proxectos que xa están dando os seus froitos e que grazas ao proxecto Iberalex e aos fondos europeos destinados ao mesmo seguirán tendo continuidade ata o ano 2027 e poderán extrapolarse a outras rexións da UE.
En concreto e co obxectivo de aumentar o éxito reprodutor destas aves, salientou o carácter innovador dalgunhas das medidas implementadas en Galicia neste eido, en especial, o programa de incubación artificial —ex situ— para a cría de polos co fin de incrementar as poboacións locais desta especie.
Ao respecto, a directora xeral explicou que no marco deste programa de cría en catividade, ata o de agora logrouse que voaran un total de 112 polos, un balance do que se amosou “moi satisfeita” e que demostra os bos resultados desta iniciativa innovadora, froito do “esforzo conxunto” do persoal do departamento de Patrimonio Natural e do equipo investigador da USC, liderado polo profesor Jesús Domínguez.
Ademais, no eido da conservación e manexo dos hábitats da píllara das dunas presentes en Galicia, referiuse á instalación de balizamentos temporais ao redor de áreas críticas para a nidificación da especie —30 áreas balizadas en 2023 no período comprendido entre o 15 de marzo e o 15 de xullo— e á colocación de paneis informativos dirixidos aos usuarios dos areais advertindo da presencia destes hábitats.
Por último e tras indicar que a zona do Barbanza é o principal refuxio natural desta especie, Belén do Campo explicou que froito das accións desenvolvidas no marco do referido plan de recuperación, o último censo encargado pola Xunta á USC constatou que a poboación nidificante galega ascendía o ano pasado a 84 parellas distribuídas por 27 praias, un balance lixeiramente superior ás 81 parellas identificadas en 2021.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149