Galicia
Unhas 37.000 persoas con pensións non contributivas recibirán o complemento extraordinario da Xunta
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou que arredor dunhas 37.000 persoas que perciben en Galicia unha pensión non contributiva recibirán o complemento extraordinario da Administración autonómico, tras aprobalo así o Consello da Xunta celebrado hoxe. Trátase dun completo que procura mellorar a capacidade adquisitiva das galegas e galegos que non puideron cotizar á seguridade social.
Deste xeito, segundo precisou, o Goberno galego achegará a todas elas unha axuda extraordinaria de 218 euros, “abonado de oficio” nun único pagamento anual que recibirán de maneira automática nas súas contas bancarias sen necesidade de que o soliciten e sen levar a cabo ningún trámite adicional.
Rueda apuntou que a Administración autonómica destina algo máis de 8 millóns de euros a este complemento, que está dirixido a beneficiarios de pensións de xubilación e invalidez nas súas modalidades non contributivas, do fondo nacional de asistencia social e do subsidio de garantía de ingresos mínimos.
Ademais, o presidente galego destacou que “se consolida” o incremento do 5,8 % na contía deste complemento que xa se aplicou o ano pasado e adiantase de novo o seu pagamento ao mes de febreiro, xa que anteriormente estas axudas pagábanse a finais de cada ano.
Rueda puxo en valor que Galicia é unha das “poucas comunidades autónomas” que mantivo “xeito ininterrompido” durante os últimos 16 anos esta axuda extraordinaria que non é obrigatoria, pois son os propios executivos autonómicos os que deciden mantela.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149