GALICIA
A Xunta ve necesaria unha regulación adecuada para ás industrias coxeradoras
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou onte en Madrid nunha mesa redonda no marco da xornada ‘A coxeración e a industria: claves para a descarbonización’, que se desenvolve dentro da Feira internacional de Enerxía e Medio Ambiente Genera 2024
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, referiuse onte á necesidade de establecer unha regulación adecuada para que o réxime retributivo se adapte as particularidades do mercado e compense os custos de explotación das industrias coxeradoras, permitindo que sexan competitivas.
Fernández Vila participou nunha mesa redonda no marco da xornada A coxeración e a industria: claves para a descarbonización, que se desenvolve dentro da Feira internacional de Enerxía e Medio Ambiente Genera 2024, en Madrid.
O director xeral falou da coxeración como un exemplo claro de eficiencia enerxética pois xera electricidade e calor que se aproveita nos procesos produtivos e lembrou que, ata a pandemia, este tipo de instalacións achegaba entre un 10 e un 12 % da enerxía eléctrica producida en Galicia. Porén, a exclusión da coxeración do mecanismo de excepción ibérica derivou nunha parálise do sector e, en consecuencia, unha redución da competitividade e da produción industrial.
No referente ao desenvolvemento de proxectos vinculados aos gases renovables, Fernández Vila informou de que a Xunta de Galicia mantén aberta ata o 22 de febreiro unha convocatoria pioneira para apoiar proxectos de biogás, biometano e hidróxeno verde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149