Martes, 16 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 08 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O profesorado dos centros educativos fórmase en primeiros auxilios

A actividade formativa, impulsada pola concellería de Sanidade en colaboración co Sergas, levouse a cabo en todos os centros de primaria, secundaria e educación especial

O IES Pino Manso acolleu esta semana a última das charlas sobre primeiros auxilios dirixidas ao persoal dos centros educativos do municipio. Esta formación, impulsada pola consellería de Sanidade no marco do Plan de Saúde Local coa colaboración do Sergas a petición do profesorado, tivo unha grande aceptación e desenvolveuse en todos os centros educativos de primaria, secundaria e educación especial do Porriño.

 


Ángeles Charle, doutora do Centro de Saúde do Porriño, e María Villar, MIR de medicina familiar e comunitaria no centro sanitario porriñés, foron as encargadas de impartir a formación. Esta centrouse na atención ante urxencias médicas, tanto previsibles como non previsibles, nos centros educativos. Se ben destacaron a importancia da cadea de supervivencia nas urxencias vitais, que comeza coa chamada ao 112, no caso de urxencias vitais, aprenderon nocións sobre como abordar os incidentes máis habituais aos que se poden enfrentar: atoramentos, síncopes, hipoglucemias, ataques epilépticos, shocks anafilácticos etc…


O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Sanidade, Teresa Veloso, achegáronse onte a participar dunha das formacións e agradecer ao persoal sanitario a súa disposición a participar destes programas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.