• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Sábado, 31 de Octubre de 2026

Actualizada Sábado, 31 de Octubre de 2026 a las 13:53:26 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Mos teje una gran árbol textil por la inclusión con talleres abiertos en noviembre

      Mos teje una gran árbol textil por la inclusión con talleres abiertos en noviembre

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas estrena un presupuesto récord de 24,9 millones

      Ponteareas estrena un presupuesto récord de 24,9 millones

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Tomiño renueva la Bandeira Verde de Galicia

      Tomiño renueva la Bandeira Verde de Galicia

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Val Miñor necesita cien voluntarios para la Gran Recogida

      Val Miñor necesita cien voluntarios para la Gran Recogida

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • «Yo controlo»: la trampa que esconde la adicción a la cocaína

      «Yo controlo»: la trampa que esconde la adicción a la cocaína

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Nosotros | Gupo Xornal21
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Viernes, 09 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
VIGO

Pontón compromete un centro de reparacións do naval na ría de Vigo

A candidata á Presidencia, Ana Pontón, presentou as propostas de goberno do BNG en materia laboral, entre as que destacou a creación dun centro de reparacións do naval na ría de Vigo.

 

 

Nun encontro con delegadas e delegados sindicais da industria e a automoción en Vigo, Pontón advertiu da “situación límite” na que se atopa o sector, despois de que o Goberno do PP deixara caer unha parte moi importante do seu tecido. “Nós queremos levantalo”, afirmou para defender a creación do centro de reparacións ante a caída de novos pedidos que sofre a construción naval.

 

“Se nos introducimos nese mercado das reparacións e as transformacións de buques, imos ser capaces de aproveitar toda a infraestrutura e todo o coñecemento que temos en Vigo para crear emprego”, explicou.

 

A candidata nacionalista tamén sinalou ao da automoción como outro dos sectores que necesita un apoio importante, especialmente para enfrontar o reto da electrificación “gañando capacidade produtiva aquí”. Neste sentido, considerou clave que haxa unha rede de pequenas e medianas empresas, que non dependa única e exclusivamente dunha empresa matriz, senón que se poida “posicionar en novos mercados e en novos ámbitos produtivos” para fortalecer tamén a creación de emprego. 

 

Con estes obxectivos, Pontón avanzou que un goberno BNG porá en marcha a Mesa da Automoción porque, segundo subliñou, “sabemos que é clave sentar a todo o sector e poñernos a traballar para enfrontar ese gran reto de futuro” e para afianzar a automoción, clave non só na economía de Vigo, senón na economía galega, dado o peso que ten no PIB e o nivel de emprego.

 

A líder do BNG aproveitou o encontro para facer un chamamento á participación masiva o 18F da xente que quere abrir un tempo novo cun cambio no Goberno da Xunta que só será posible, asegurou, se o voto inconformista acude ás urnas coa papeleta do BNG. “Da igual que o que votaran noutras ocasións, ou como é a súa maneira de sentirse galegos. Se todas as persoas que queren unha Galiza mellor votan Bloque, haberá cambio”, proclamou.

 

No ecuador da campaña electoral, a candidata dirixiuse á maioría social que desexa abrir un tempo novo para pedirlle a oportunidade de ter, da man do Bloque, un goberno “que vai pensar na xente deste País e vai apostar porque os traballadores e as traballadoras teñan condicións dignas de traballo”, deixando atrás 15 anos dun goberno do PP no que a precarización laboral foi a máis até o punto de que hoxe miles de galegos e galegas non chegan a fin de mes aínda tendo un emprego. “O resultado das políticas do PP é que cada vez hai máis traballadores pobres”, censurou.

 

Fronte ao “modelo de precariedade”, con salarios baixos e peores condicións de traballo, que deixa o PP, Pontón avanzou que o BNG aposta pola calidade do emprego e unha economía baseada na ciencia e na innovación, na que os mozos e as mozas non se vexan obrigados a emigrar porque aquí non teñen oportunidades. Unha economía na que, destacou, a industria recupere peso e Galiza sexa capaz de atraer investimentos para crear riqueza e un futuro mellor.  

 

Plan de reindustrialización

Pontón anunciou, neste sentido, que o Goberno liderado polo BNG porá en marcha un plan de reindustrialización nunha aposta decidida pola ciencia e a tecnoloxía. “Un país sen industria está condenado a ser mero consumidor do que producen outros e carece de futuro”, asegurou no encontro que mantivo en Vigo con representantes dos traballadores e traballadoras.

 

A candidata nacionalista aproveitou a xuntanza -na participou tamén o número un da lista por Pontevedra, Luís Bará, e a candidata Carmela González- para expoñer as principais medidas do BNG para reflotar a industria galega, un sector no que se perderon 27.600 empregos dende o ano 2009 e no que “quedaron polo camiño” -denunciou- centros de pequenas e medianas empresas dedicadas á automoción, o naval ou a enerxía, entre outros ámbitos industriais.

 

Por iso o BNG propón o Plan e Fomento da Actividade Tecnolóxica e Industria que ten por obxectivo aumentar en seis puntos o peso da industria no PIB, até chegar ao 23 %, e crear doce mil empregos no período 2024-2030. Trátase dun plan enfocado a pequenas e medianas empresas (PEMES) con proxectos a longo prazo e que sexan capaces de establecer redes de cooperación con outras empresas locais e con capacidade de internacionalización.

 

Para o seu desenvolvemento será fundamental o impulso da ciencia e a innovación e, neste sentido, a candidata avanzou que co Bloque no goberno da Xunta aumentará o gasto en I+D+i, co obxectivo de destinar o 3 % do PIB no 2030. Hoxe Galiza ten un investimento neste eido de 233 euros por habitante, un 40 % menos que a media do Estado”. 

 

Se as empresas marchan, devolverán as axudas

Pontón advertiu da necesidade de frear a deslocalización de empresas e avogou por facer de Galiza un territorio atractivo para o investimento a través, por exemplo, de máis solo industrial e trámites máis rápidos para que as empresas se poidan instalar aquí.

 

Ademais, anunciou que co BNG na Xunta as empresas que recibiron axudas públicas nos últimos oito anos e decidan marchar do País estarán obrigadas a devolver eses recursos á Administración, “porque non pode ser que os utilicen exclusivamente para o seu beneficio e logo deixen tirados ás traballadoras e traballadores do País”.  

 

O Innogal, para competir con coñecemento

Ademais deste plan, o programa nacionalista inclúe outras medidas estratéxicas para reindustrializar Galiza, como a creación do Innogal, un instituto público similar ao Icrea catalán ou o Ikerbasque destinado a reter talento científico e promover a I+D+i. Pontón considerou clave a posta en marcha deste organismo porque, destacou, “non queremos competir con baixos salarios senón con coñecemento, poñendo a Galiza á vangarda en ciencia e en investigación”.

 

Un novo modelo enerxético

Igualmente terá carácter estratéxico a creación dunha empresa pública de enerxía que contribúa ao asentamento da industria no País. “O obxectivo é poñer a riqueza eléctrica ao servizo do País porque agora, sendo como somos unha gran potencia eléctrica, non temos ningún beneficio. Ao contrario pagamos os custes sociais e ambientais”, expuxo a candidata nacionalista.

 

Por outra banda, Pontón tamén se referiu aos debates electorais e á negativa do Partido Popular e o seu candidato, Alfonso Rueda, tanto a manter un cara a cara coa líder da oposición, como a acudir ao debate electoral de TVE. “Pasamos dunha campaña na que o PP quería ocultar as súas siglas a unha campaña na que quere ocultar ao seu candidato”, reprochou.

 

A líder nacionalista advertiu que a quen lle dan plantón o PP e Rueda non é ao BNG, senón a Galiza e aos galegos e ás galegas que, segundo recalcou, “merécense candidatos e candidatas que estean dispostos a debater”.

 

“Eu vou estar nese debate e pregúntome por que o PP quere ocultar ao señor Rueda e non quere participar”, concluíu.

 

Noticia anterior:
Batalla de restaurantes’, el programa de Alberto Chicote, aterriza en Vigo
Noticia siguiente:
Caballero critica el modelo de asociacionismo de la Xunta
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.139

Todavía no hay comentarios

Actualidad

«Yo controlo»: la trampa que esconde la adicción a la cocaína

«Yo controlo»: la trampa que esconde la adicción a la cocaína

Sangre falsa y disfraces, riesgos en Halloween

Sangre falsa y disfraces, riesgos en Halloween

Medio millón de empresas españolas cerrarán antes de 2029

Medio millón de empresas españolas cerrarán antes de 2029

Subastas de vivienda del BOE: un 31 % queda sin pujas

Subastas de vivienda del BOE: un 31 % queda sin pujas

Opinión

¿Hasta cuándo seguiremos cambiando la hora?

Premios al vago, al sinvergüenza y al vividor

La vivienda, el derecho constitucional convertido en espejismo

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Prisión para una joven de 20 años por un intento de homicidio en Cangas

Prisión para una joven de 20 años por un intento de homicidio en Cangas

Dos personas evacuadas por un incendio de cocina en Balaídos

Dos personas evacuadas por un incendio de cocina en Balaídos

Estafa de pellets en Ponteareas destapa una red de criptos

Estafa de pellets en Ponteareas destapa una red de criptos

Condenado un militar por vender más de 5.000 pastillas abortivas

Condenado un militar por vender más de 5.000 pastillas abortivas

Agenda

Octubre 2026
LunMarMieJueVieSabDom
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Galicia

Galicia recupera el cultivo de lino con 24 variedades

Galicia recupera el cultivo de lino con 24 variedades

Alerta por mosquito tigre en los cementerios de Pontevedra

Alerta por mosquito tigre en los cementerios de Pontevedra

Provincia

Gondomar y O Grove se transforman con 300.000 euros

Gondomar y O Grove se transforman con 300.000 euros

UFD invierte 1,9 millones en la red eléctrica de O Morrazo

UFD invierte 1,9 millones en la red eléctrica de O Morrazo

Deportes

Vilagarcía acoge la lucha por los títulos de 470 y 49er

Vilagarcía acoge la lucha por los títulos de 470 y 49er

Villaverde sigue al timón de la vela gallega

Villaverde sigue al timón de la vela gallega

El Atlético Novás arrolla al Calvo Xiria y asciende al segundo puesto

El Atlético Novás arrolla al Calvo Xiria y asciende al segundo puesto

Motor

Transportes pide archivar multas del DeCA por fallos técnicos

Transportes pide archivar multas del DeCA por fallos técnicos

Salud

El TTD reúne una base pionera sobre cáncer de hígado

El TTD reúne una base pionera sobre cáncer de hígado

La Xunta destina 12,6 millones a mejoras retributivas para el personal del Sergas

La Xunta destina 12,6 millones a mejoras retributivas para el personal del Sergas

Galicia Sur bate récords científicos y triplica su impacto global

Galicia Sur bate récords científicos y triplica su impacto global

Turismo

Leonardo Hotels compra tres hoteles en Alemania y suma 735 habitaciones

Leonardo Hotels compra tres hoteles en Alemania y suma 735 habitaciones

Hogar

El alquiler permanente cae un 10 % tras anunciar el Gobierno nuevos decretos

El alquiler permanente cae un 10 % tras anunciar el Gobierno nuevos decretos

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

Seguridad | Protección Civil

En el dormitorio y de noche: así mueren la mayoría de las víctimas de incendios en casa

En el dormitorio y de noche: así mueren la mayoría de las víctimas de incendios en casa

Alerta crítica en PHP: ataques activos para ejecutar código en servidores

Alerta crítica en PHP: ataques activos para ejecutar código en servidores

Batalla de restaurantes’, el programa de Alberto Chicote, aterriza en Vigo

Caballero critica el modelo de asociacionismo de la Xunta

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder