Sábado, 07 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 07 de Marzo de 2026 a las 09:36:52 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 12 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Alfonso Rueda reivindica no Porriño a Galicia que funciona

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, participou onte nunha comida-mitin no Porriño na que animou aos 600 asistentes a ir votar o próximo 18 de febreiro para que Galicia non pare e siga funcionando os próximos catro anos.

 

 

Acompañado polo presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, a número 2 da candidatura pola provincia, Patricia García, e o alcalde Alejandro Lorenzo; o líder dos populares galego reivindicou a Galicia que funciona coa verdade por diante e orgullo do que é fronte o modelo de división identitaria que promove o multipartito da esquerda.

 

Quere que Galicia siga superándose a si mesma tomando como punto de partida os grandes avances vividos ao longo destes anos. Neste sentido, reivindicou o moito que avanzou a educación pública e a súa proposta dunha educación a prezo cero desde a gardería ata acadar unha profesión na FP ou na Universidade. Para así garantir ao máximo a competitividade da mocidade galega.

 

Un avance que se deu tamén na sanidade pública, do que puxo como exemplo a reforma que se está levando a cabo do centro de saúde do Porriño para ampliar as súas instalacións e á que o Goberno galego dedicou un investimento de máis de catro millóns de euros.

 

Por todo isto, trasladou o seu desexo de repetir o 18 de febreiro un éxito como a de Alejandro Lorenzo nas pasadas eleccións municipais, nas que reuniu o 65% dos votos e demostrouse que os veciños do Porriño coñecen ben –e por iso apoian– o modo de facer política do Partido Popular.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.