O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe un gran acordo de país para promover a Igualdade efectiva e a loita contra as violencias machistas en Galicia. Neste acordo, comprométese a dedicar un porcentaxe significativo do orzamento da Xunta ás políticas de Igualdade e contra a violencia machista, con horizonte da violencia 0.
Este anuncio foi realizado nun evento en Santiago, onde estivo acompañado polas cabezas de lista das candidaturas do PSdeG nas diferentes provincias, así como por altos membros do partido. Besteiro destacou a importancia de situar a axenda feminista como eixo vertebrador do futuro goberno progresista, comprometéndose a traballar por unha sociedade máis xusta e igualitaria.
O candidato socialista sinalou a necesidade de loitar contra a discriminación e inxustizas que sofre máis da metade da poboación galega, as mulleres, e propuxo medidas concretas para lograr a Igualdade real. Entre elas, destacan a incorporación da educación afectivo-sexual no ensino regular, a promoción da corresponsabilidade e a erradicación da prostitución.
Ademais, Gómez Besteiro cualificou de "intolerable" o incremento dos delitos sexuais en Galicia e comprometeuse a poñer tódolos esforzos do goberno galego no obxectivo "irrenunciable" da violencia 0. Propuxo medidas inmediatas, como a creación de centros de crise 24 horas de atención ás vítimas de violencia sexual en tódalas provincias galegas, así como a instalación de xulgados especializados en Violencia de xénero e unidades de valoración integral forense en todo o territorio.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149