Sábado, 07 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 07 de Marzo de 2026 a las 09:36:52 horas

Xornal21.es
Viernes, 16 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

En marcha a transformación da contorna do Louro na maior zona verde e de ocio do Porriño

A primeira fase do proxecto conta cun orzamento de máis de 400.000 euros e contempla o acondicionamento da Ruta do Colesterol, a creación dun carril bici, senda peonil e zona de atletismo, así como a instalación de iluminación exterior

O proxecto de creación dun gran parque na contorna do río Louro arracou xa cos traballos de acondicionamento e ampliación do coñecido da senda do Louro, comúnmente coñecida como Ruta do Colesterol.

 

 


As obras, ás cales a Xunta de Galicia destina 401.763 euros a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, abarcan un tramo de 1,5 km e inclúen a preparación do terreo, pavimentación do vial para o acondicionamento dun carril ciclista bidireccional e outro peonil, ampliación para a creación dunha pequeña pista de atletismo para os runners e a demandada instalación do alumbrado exterior, que en todo caso será respectuoso co medio no que se atopa.


Este é só o primeiro gran paso na transformación da contorna do Louro ao seu paso polo centro do Porriño, xa que o proxecto no que avanza o executivo local contempla unha gran área verde, con parques para pequenos e maiores, superficie acondicionada para a celebración de eventos ao aire libre e acondicionamento das sendas verdes e pontes da ribeira.


“Queremos que o Porriño conte cunha gran zona verde de máis de 100.000 m2 da que a veciñanza poida disfrutar de maneira segura e respectuosa co medio, ademais de poner en valor a contorna natural do río Louro”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, que indicou que isto “ só a adquisición dos terreos supoñen unha inversión de máis de 1 M de euros á que hai que sumar o acondicionamento”.  “Pronto teremos unha gran zona verde e recreativa na que poidamos ir a desconectar e tamén a compartir”, concluíu o rexedor.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.