Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 17 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación destina máis de 1,2 millóns de euros para que sete concellos da provincia contraten a 89 persoas

Benefícianse destes recursos os concellos da Illa de Arousa, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa

A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar máis de 1,2 millóns de euros para que sete concellos da provincia contraten a 89 persoas e poidan afrontar gasto corrente ao abeiro da liña 3, de activación do emprego, e 2 do Plan +Provincia. Benefícianse destes recursos A Illa de Arousa, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.  “Temos concedido xa 4,3 millóns de euros aos concellos baixo o paraugas do +Provincia, o  programa récord de obras e servizos, dotado con 48,2 millóns de euros, para tender pontes cos concellos de menos de 50.000 habitantes e facer que o motor da provincia siga funcionando”, asegurou o presidente provincial Luis López.

 

 

No marco da liña 3, de emprego,  a Xunta de Goberno aprobou preto dun millón de euros para que os concellos de Sanxenxo, Tomiño, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova poidan contratar a 89 persoas desempregadas. Ata o de agora aprobáronse preto de 4,1 millóns de euros para 27 concellos da provincia o que supón o 44,24% do orzamento global da liña de activación de emprego que ascende a 9,25 millóns de euros.

 

Deste xeito, Vilagarcía recibirá 284.000 € para contratar a 35 persoas desempregadas que traballarán como peóns axudantes albaneis (14), peóns pintores (5), peóns traballadores de conservación de parques (4), peóns instaladores electricistas (4), peóns forestais (4), peóns mantedores de instalacións deportivas (2), peón condutor operador de retroescavadora (1) e peón fontaneiro (1). No caso de Tomiño serán 266.000 € para 20 persoas que se encargarán de executar tarefas de peóns de xardinería (11), traballo social (2), condutor retroescavadora (2), instalador electricista (1), técnico administrativo (1), mecánico (1), soldador (1), peón da construción (1) e enxeñeiro técnico forestal (1).  

 

Pola súa banda Sanxenxo destinará 245.000 € para que 21 persoas traballen como como auxiliar administrativo (7) e peóns de obras públicas (14); Vilaboa beneficiarase de 110.000 € do Plan +Provincia para contratar a 7 persoas desempregadas para desempeñar postos de traballo como albaneis (3), operarios de maquinaria forestal (2) e peóns forestais (2); e Vilanova 87.000 € para 6 persoas como guías de turismo (2), albanel (1), mantedor de edificios (1), tractorista (1) e limpador (1).

 

No caso da liña 2, de gasto corrente, o presidente da Deputación informou que a Xunta de Goberno da Deputación acaba de aprobar as primeiras achegas para concellos que, neste caso, ascenden a 193.000 euros e irán dirixidas á Illa de Arousa e Tui. A Illa recibirá 97.000 € para o servizo de recollida de lixo, xestión do punto limpo e limpeza da Escola Infantil e do Colexio A Torre e Tui 96.000 € para as festas patronais de San Telmo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.