Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 19 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación abre este luns o prazo para que as ONGD se beneficien das axudas de cooperación

As ONGD terán 20 días hábiles de prazo para presentar a súa solicitude para optar a esta liña de axudas que conta cun orzamento de 45.000 € e permitirá contribuír ao financiamento de proxectos en países empobrecidos

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra acaba de publicar as bases das subvencións destinadas ás ONGD para axudas de cooperación ao desenvolvemento.  Estas entidades terán 20 días hábiles de prazo para presentar a súa solicitude para optar a esta liña de axudas que conta cun orzamento de 45.000 € e permitirá contribuír ao financiamento de proxectos en países empobrecidos.

 

 

A través desta liña de axudas da Deputación de Pontevedra subvencionaranse un total de tres proxectos de cooperación ao desenvolvemento que promovan proxectos sociais aliñados coa Axenda 2030, un por entidade, cun máximo de 15.000 € por cada un deles.  En concreto, deberán ser iniciativas que contribúan á erradicación da pobreza multidimensional, á igualdade de xénero, á defensa da sostibilidade ambiental e loita contra o cambio climático, ao enfoque baseado en dereitos humanos, ao respecto pola diversidade cultural e a promoción da interculturalidade, á loita contra as desigualdades e á participación cidadá e ao fortalecemento institucional e da sociedade civil.

 

Terán prioridade aqueles proxectos desenvolvidos nalgúns dos once países considerados xeograficamente estratéxicos da África Subsahariana (Cabo Verde-Guinea-Bissau e Mozambique), América Central (Guatemala, Honduras, Nicaragua e O Salvador), América do Sur (Bolivia, Ecuador e Perú) e Caribe (República Dominicana). Ademais daqueles nos que a cooperación galega xere capacidades na atención a poboacións refuxiadas e desprazadas e aos países afectados por conflitos ou crises humanitarias; así como aqueles nos que a cooperación galega demostrase unha ampla experiencia de traballo, e os considerados países menos adiantados ou cun índice de desenvolvemento humano baixo.

 

Poden optar a estas axudas da Deputación as ONGD inscritas no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento da Xunta que teñan domicilio social ou delegación permanente na provincia de Pontevedra e que realicen actividades relacionadas coa cooperación ao desenvolvemento e co fomento da solidariedade entre pobos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.