![[Img #87119]](https://xornal21.com/upload/images/02_2024/5439_98-eleccions-galicia-xornal21.jpg)
O Partido Popular revalidaría a maioría absoluta case coa totalidade dos votos escrutados nas eleccións de Galicia. O resultado daría 40 escaños ao partido de Alfonso Rueda, dous menos que en 2020. O BNG sobe seis escaños ata conseguir un total de 25. O PSOE cae ata os 9, cinco menos que nas anteriores eleccións. Democracia Ourensana entra con un.
Partidos como Sumar, Podemos Pacma ou Vox non lograron representación no Parlamento Galego ao non obter o número mínimo de votos necesarios.
Son datos reais dos resultados provisionais das eleccións ao Parlamento de Galicia. A maioría absoluta está en 38 Deputados/as.
Hoxe estaban chamados a votar un censo de 2.217.089 galegos e galegas nas 3.951 mesas electorais constituídas. A xornada transcorreu sen incidencias destacables.
As eleccións galegas rexistraron unha participación histórica do 67,21 %. Son 18,25 puntos máis ca nos comicios de 2020. Nestas autonómicas, a abstención foi dun 32,78 %, a máis baixa da democracia nunhas eleccións galegas.
Por provincias, Lugo foi a que rexistrou unha maior afluencia ás urnas, cun 69,76 % de participación. Seguiulle Ourense, cun 68,78 %. En Pontevedra, foi do 67,31 % e na Coruña do 65,99 %.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129