O PORRIÑO
20 persoas reciben formación mentras traballan na segunda edición de “Porremprego Cualifica”
Impártense dúas áreas profesionais cunha importante demanda, a de Restauración e a de Tecnoloxías da información e comunicación na administración
A segunda edición do Obradoiro de emprego Porriño Cualifica xa está en marcha. Desde o pasado mes de decembro 20 persoas reciben formación á vez que traballan.
Para a posta en marcha deste programa dual de formación e emprego o Concello do Porriño recibiu unha achega de 560.000 euros da Xunta de Galicia, á cal se suman outros 25.000 euros de achega municipal.
En concreto estanse impartindo dúas áreas profesionais: Restauración e Tecnoloxías da información e comunicación na administración. En ambas, o alumnado-traballador amplía o seu currículo cunha formación que combina a teoría, a práctica e traballo real desenvolvendo actividades e servizos importantes tanto para o Concello como administración, como en beneficio da comunidade.
“Durante un ano non só se formarán para recibir o seu certificado de profesionalidade, coas súas habilidades e capacidades contribuirán a mellorar os servizos municipais, axudarán a quen o precisa a través do comedor social, e desenvolverán un enorme traballo de xestión de documentación e arquivos”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.
O alumnado/traballador da rama de hostalería colaboran co Departamento de Servizos Sociais e outras entidades para establecer un servizo de comedor social que atenda a persoas usuarias do servizos sociais. Traballará tamén cos colexios para realizar almorzos saudables, elaborar menús variados poñendo en valor a importancia dunha educación alimenticia equilibrada entre os nenos e nenas dos centros educativos. Participará tamén noutros eventos e actos organizados polo Concello, ou xornadas de portas abertas para os hostaleiros da zona.
Pola súa banda, os/as alumnos/as da rama de Tecnoloxías da Información e Comunicación na Administración, comezarán coa recompilación de expedientes administrativos, a administración de Documentos Electrónicos e Expedientes Electrónicos, e co Tratamento dixital dos documentos que integran os expedientes, e almacenamento e xestión da documentación en formato dixital.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141