MUNDO EMPRESA
A Xunta saca a concurso preto de 227.000 metros cadrados de solo empresarial propiedade do IGVS
O Diario Oficial de Galicia publica o anuncio para a venda de 84 parcelas en 17 parques empresariais que se suman ao concurso publicado por Xestur Galicia o pasado 13 de febreiro con 251 parcelas en 20 parques e preto de 518.000 metros cadrados
A Xunta de Galicia saca a concurso preto de 227.000 metros cadrados de solo empresarial propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) poñéndoos a disposición das empresas interesadas. O concurso materialízase no anuncio publicado hoxe polo Diario Oficial de Galicia (DOG) para a adxudicación de solo empresarial distribuído en 84 parcelas de 17 parques empresariais.
A meirande parte dos parques teñen unha bonificación do 50% -aplicable a todos os parques das provincias de Lugo e Ourense e aos emprazados en Ferrolterra- e o valor total do solo incluído no concurso, a prezo bonificado, rolda os 10 millóns de euros.
O Executivo galego pon así a disposición das empresas preto de 745.000 metros cadrados de solo empresarial pois a estas parcelas propiedade do IGVS engádense os arredor de 518.000 metros cadrados -repartidos en 251 parcelas de 20 parques- do concurso publicado por Xestur Galicia o pasado 13 de febreiro.
As parcelas propiedade do IGVS adxudicaranse en réxime de compravenda e os adxudicatarios estarán obrigados a construír as súas instalacións e obter a licenza de actividade no prazo máximo de tres anos desde a formalización da compravenda en escritura pública. O prazo das empresas para presentar ofertas polas distintas parcelas estará aberto ata o 27 de marzo.
Concurso de Xestur
O procedemento aberto pola empresa pública Xestur para a adxudicación de 251 parcelas repartidas en 20 parques empresariais -cunha superficie de preto de 518.000 metros cadrados- prevé bonificacións do 50 ou 30% sobre o seu prezo orixinal, dependendo do emprazamento dos mesmos.
Neste caso, o prazo que teñen as empresas para a presentación de ofertas remata o 12 de marzo. As bases do concurso de Xestur e a relación de parcelas ofertadas poden consultarse na web da sociedade.
CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE SOLO PROPIEDADE DO IGVS 2024
PARQUE
NÚMERO PARCELAS
SUPERFICIE m2
PREZO BONIFICADO mínimo e máximo €/m²
As Somozas
3
50.000
8,90 – 10,56
Curtis
3
25.317,59
37,20
Melide 1ª fase
2
4.680
35,62
Pontedeume
1
1.139
20,40
Culleredo (Alvedro)
1
4.700
6,00
Bóveda 2ª fase
2
836
10,82
Lourenzá 2ª fase
6
8.080,88
21,37 – 22,33
Porto Seco de Monforte 1ª fase
12
36.211
25,50 - 36
Monterroso
23
39.403
17,20 - 18
Quiroga f. D
3
1.950
20,50
Taboada 1ª fase
5
5.400
33
Xermade 2ª fase
8
6.977
10,13 – 12,75
Barco de Valdeorras 2-3ª fase
9
28.567
28
Carballiño 2ª fase
1
2.158
31,29
Celanova 1ª fase
1
3.274
14,63
Ribadavia Pol 2
1
1.880,32
30,40
Pazos fase 2.1
3
6.355,25
31,50 – 34
TOTAL
84
226.929,04
A Xunta de Galicia saca a concurso preto de 227.000 metros cadrados de solo empresarial propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) poñéndoos a disposición das empresas interesadas. O concurso materialízase no anuncio publicado hoxe polo Diario Oficial de Galicia (DOG) para a adxudicación de solo empresarial distribuído en 84 parcelas de 17 parques empresariais.
A meirande parte dos parques teñen unha bonificación do 50% -aplicable a todos os parques das provincias de Lugo e Ourense e aos emprazados en Ferrolterra- e o valor total do solo incluído no concurso, a prezo bonificado, rolda os 10 millóns de euros.
O Executivo galego pon así a disposición das empresas preto de 745.000 metros cadrados de solo empresarial pois a estas parcelas propiedade do IGVS engádense os arredor de 518.000 metros cadrados -repartidos en 251 parcelas de 20 parques- do concurso publicado por Xestur Galicia o pasado 13 de febreiro.
As parcelas propiedade do IGVS adxudicaranse en réxime de compravenda e os adxudicatarios estarán obrigados a construír as súas instalacións e obter a licenza de actividade no prazo máximo de tres anos desde a formalización da compravenda en escritura pública. O prazo das empresas para presentar ofertas polas distintas parcelas estará aberto ata o 27 de marzo.
Concurso de Xestur
O procedemento aberto pola empresa pública Xestur para a adxudicación de 251 parcelas repartidas en 20 parques empresariais -cunha superficie de preto de 518.000 metros cadrados- prevé bonificacións do 50 ou 30% sobre o seu prezo orixinal, dependendo do emprazamento dos mesmos.
Neste caso, o prazo que teñen as empresas para a presentación de ofertas remata o 12 de marzo. As bases do concurso de Xestur e a relación de parcelas ofertadas poden consultarse na web da sociedade.
|
CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE SOLO PROPIEDADE DO IGVS 2024 |
|||
|
PARQUE |
NÚMERO PARCELAS |
SUPERFICIE m2 |
PREZO BONIFICADO mínimo e máximo €/m² |
|
As Somozas |
3 |
50.000 |
8,90 – 10,56 |
|
Curtis |
3 |
25.317,59 |
37,20 |
|
Melide 1ª fase |
2 |
4.680 |
35,62 |
|
Pontedeume |
1 |
1.139 |
20,40 |
|
Culleredo (Alvedro) |
1 |
4.700 |
6,00 |
|
Bóveda 2ª fase |
2 |
836 |
10,82 |
|
Lourenzá 2ª fase |
6 |
8.080,88 |
21,37 – 22,33 |
|
Porto Seco de Monforte 1ª fase |
12 |
36.211 |
25,50 - 36 |
|
Monterroso |
23 |
39.403 |
17,20 - 18 |
|
Quiroga f. D |
3 |
1.950 |
20,50 |
|
Taboada 1ª fase |
5 |
5.400 |
33 |
|
Xermade 2ª fase |
8 |
6.977 |
10,13 – 12,75 |
|
Barco de Valdeorras 2-3ª fase |
9 |
28.567 |
28 |
|
Carballiño 2ª fase |
1 |
2.158 |
31,29 |
|
Celanova 1ª fase |
1 |
3.274 |
14,63 |
|
Ribadavia Pol 2 |
1 |
1.880,32 |
30,40 |
|
Pazos fase 2.1 |
3 |
6.355,25 |
31,50 – 34 |
|
TOTAL |
84 |
226.929,04 |
|




















Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217