Martes, 10 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 09 de Marzo de 2026 a las 20:17:03 horas

Xornal21.es
Miércoles, 28 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Deixa constancia da túa vontade, charla informativa sobre o documento de instrucións previas

Será o 7 de marzo, ás 19 h, no Centro Cultural Municipal

[Img #87285]O Centro Cultural acollerá o 7 de marzo unha charla informativa sobre o documento de instrucións previas organizada polo Centro de Saúde do Porriño coa colaboración do Concello.


Esta actividade, que forma parte do proxecto de investigación `Efectividade dunha intervención comunitaria no rexistro do Documento de Instrucións Previas”, ten a finalidade de informar á veciñanza desta ferramenta da que dispón para conseguir que o seu proceso de final de vida transcurra conforme aos seus valores e vontade.


“É importante difundir a utilidade deste documento e capacitar á poboación para a toma de decisións anticipadas”, explicou a concelleira de Sanidade, Teresa Veloso, “Podemos deixar constancia da nosa vontade e a xente debe sábelo e tamén como facelo”.


Mediante o documento de instrucións previas unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre os coidados e tratamentos que podería precisar no futuro e o destino final do seu corpo, co fin de que esta sexa respectada no momento en que por determinadas circunstancias non poda expresala persoalmente.


A charla dará comezo ás 19 h e correrá a cargo de dous médicos e unha traballadora social do Centro de Saúde do Porriño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.54

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.