VIGO
O BNG de Vigo urxe o Goberno de Caballero a resolver o “colapso” de servizos municipais
A fronte nacionalista denuncia a existencia de 344 prazas de persoal municipal sen adxudicar pola inexecución das Ofertas Públicas de Emprego dende o ano 2020
O Bloque Nacionalista Galego urxe o Goberno de Abel Caballero a resolver o “colapso” que padecen numerosos servizos municipais. Así o vén de denunciar este xoves o portavoz municipal en Vigo, Xabier P. Igrexas, quen puxo o exemplo da oficina do Padrón de Habitantes, que rexistra nos últimos días longas colas dende primeira hora da mañá e non ten cita dispoñíbel até o vindeiro 4 de abril. “O parche das chamadas ‘citas exprés’ que se asignan por orde de chegada non resolven o problema, nin evita que haxa ducias de persoas amoreadas agardando desde ben antes das 8 da mañá na lonxa do Concello”, alertou Igrexas sobre a situación da oficina do Padrón como exemplo máis evidente do “colapso” dos servizos municipais.
Unha situación que, a xuízo da fronte nacionalista, ten como causa a falla de persoal da que “unicamente é responsábel o Goberno de Caballero”. Nese sentido, subliñou que existen 344 prazas de persoal municipal sen adxudicar pola inexecución das Ofertas Públicas de Emprego (OPE) dende o ano 2020.
“É incomprensíbel que non se estean a aprovisionar, polo menos de maneira temporal, reforzos estábeis a cargo por exemplo da OPE deste ano 2024 que inda está por definir”, lamentou o voceiro do Bloque, lemabrando que este pasado exercicio quedaron sen gastar 15 millóns de euros das contas municipais no capítulo de persoal.
Dende o BNG chamaron por estes motivos a un “cambio radical” na área de Recursos Humanos do Concello para reforzar este departamento “esencial” para o correcto funcionamento da administración e dos servizos municipais.
“A falla de xestión do desgoberno de Caballero provoca que a veciñanza non poida recibir a atención e os servizos que merecen porque o Concello non cubre as vacantes nin contrata máis persoal podendo facelos”, remachou Igrexas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58