Jueves, 02 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 01 de Abril de 2026 a las 22:07:51 horas

Xornal21.es
Viernes, 01 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Primeiro aviso fitosanitario deste 2024 advertindo da aparición das primeiras esporas de mildio

A Estación Fitopatolóxica Areeiro recomenda iniciar o tratamento antimildio en canto as viñas estean ben brotadas

A Deputación de Pontevedra acaba de publicar o primeiro aviso fitosanitario deste 2024 advertindo da aparición das primeiras esporas de mildio. A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da institución provincial, recomenda iniciar o tratamento antimildio en canto as viñas estean ben brotadas.

 

 

Aínda que algúns algoritmos externos xa apuntaban á maduración da oospora de mildio a finais de xaneiro e un que manexa o proxecto Plasmowine a primeiros de febreiro, o certo é que a nivel práctico a Estación Fitopatolóxica Areeiro non puido confirmalo ata esta mesma semana.  Neste eido, o persoal técnico de Areeiro asegura que as altas temperaturas, superiores as rexistradas habitualmente nesta época, unidas a unha tempada moi chuviosa, son condicións favorables para enfermidades e pragas como o mildio.  

 

A Estación Fitopatolóxica Areeiro recomenda, tendo en conta que as previsións meteorolóxicas son similares para os próximos días, iniciar o tratamento en canto broten as viñas e facelo, especialmente, naqueles predios máis afectados pola patóxeno na campaña anterior.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.