Jueves, 02 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 01 de Abril de 2026 a las 22:07:51 horas

Xornal21.es
Viernes, 01 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luis López afirma que as axudas do programa +Xuventude serán un pulo pioneiro para o talento mozo

O dirixente provincial coñeceu o proxecto Uvigo-SpaceLab, que impulsan estudantes da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións e que conta co recoñecemento internacional

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reafirmou onte xoves o compromiso do goberno provincial coa mocidade da provincia durante unha visita a Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na que convidou aos estudantes a participar na primeira liña de axudas da historia desta administración creada especificamente para apoiar proxectos impulsados por xente nova e dotada con 100.000 euros, o programa +Xuventude. “Para a Deputación a xuventude non é futuro, é presente”, afirmou o mandatario provincial.

 

 

Acompañado polo deputado encargado da área de Xuventude, Jorge Cubela, o presidente da Deputación coñeceu todos os detalles dun proxecto pioneiro, o UVigo-SpaceLab, que levan a cabo estudantes desta escola de Telecomunicacións e tamén doutras titulacións que se imparten na Universidade de Vigo. A visita serviu tamén para descubrir as diferentes instalacións nas que os integrantes deste proxecto deseñan uns satélites que están a recibir premios e distincións a nivel internacional. “Queremos seguir escoitando á xuventude para que nos faga aportacións e logo nós poder facer realidades”, sinalou Luis López, quen tamén agradeceu o apoio do reitor, Salustiano Mato, e remarcou o compromiso da Deputación de manter a colaboración coa Universidade.

 

Este pioneiro plan axudas +Xuventude abriu o prazo de presentación de solicitudes o pasado 16 de febreiro. Trátase dunha liña de subvencións á que poden acceder persoas de 18 a 35 anos de idade ou asociacións xuvenís para recibir ata 5.000 euros de financiación para proxectos de moi diversa índole, desde iniciativas empresariais ata a loita contra o cambio climático ou o fomento da igualdade. Ademais, a Deputación ten en marcha tamén outras iniciativas de apoio á mocidade, como unha nova convocatoria dos premios de apoio á xuventude ou a concesión de becas a estudantes de Formación Profesional para facer prácticas no estranxeiro. “Convido a toda a xuventude da provincia a que fagan uso da parte dos premios e tamén desta liña de axudas”, animou o presidente provincial.

 

Luis López rematou a súa intervención dando ás grazas aos estudantes e salientando o papel da Universidade de Vigo tanto na formación da xuventude como na execución de proxectos innovadores. “Faceces que a nosa provincia vaia a máis”, concluíu o presidente da Deputación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.