Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Viernes, 01 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
GALICIA

A Xunta salienta o papel referente de Galicia na reserva de contratos a centros especiais de emprego

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, clausurou unha xornada organizada co apoio da rede Eusumo sobre a compra responsable e a contratación reservada a entidades da economía social

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, clausurou unha xornada sobre o fomento da contratación reservada e a compra responsable en sectores da economía social, organizada pola Asociación empresarial de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro (Cegasal) e a Asociación de empresas de inserción de Galicia (Aeiga) co apoio da Xunta de Galicia, a través da rede Eusumo.

 


Ardao puxo en valor ferramentas como as que centraron a xornada -a compra responsable ou a contratación reservada- que cualificou de esenciais para que a economía social continúe a crecer e a xerar emprego inclusivo, estable e de calidade.


Galicia desenvolve un papel referente na inclusión da reserva de contratos nos seus procesos de licitación. En 2022, último exercicio do que se teñen datos, a comunidade foi a primeira en porcentaxe de contratación reservada en exclusiva a centros especiais de emprego e empresas de inclusión. Un mérito que xa conquistara en 2019 e 2020. Entre 2029 e 2022, indicou o director xeral, adxudicáronse contratos a través desta modalidade por valor de  máis de 26 millóns de euros.  


A Administración autonómica traballa para que este mecanismo se implante tamén empresas ou entidades específicas, para brindar maiores oportunidades de emprego estable e de calidade ás persoas en situación ou risco de exclusión social ou que presentan máis dificultades para o acceso ao mercado laboral.


Tal e como relatou a directora xeral, trátase de avanzar, desde as políticas públicas, na inclusión laboral e económica de persoas vulnerables, para que conten con máis oportunidades cun impacto social positivo.


O apoio á economía social estará garantido nos próximos anos coa execución da nova Estratexia de economía social Horizonte 2027, aprobada polo Consello da Xunta o pasado xaneiro. Este marco quere crear 4.000 empregos, 400 entidades e posicionar o modelo nos sectores tecnolóxico, verde, industrial e sustentable.


O Goberno galego traballa tamén, da man do sector, na nova Lei de cooperativas, que adaptará a lexislación aos novos tempos e permitirá axilizar a creación de entidades.


Axudas convocadas
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade leva convocadas no que vai de 2024 máis de 36 millóns de euros en axudas para apoiar a creación e consolidación de entidades da economía social e para impulsar desde esta o emprego inclusivo.

 

Activáronse iniciativas de apoio económico aos Centros especiais de emprego (26 millóns de euros), a empresas de inserción (1,5 millóns) ou para impulsar a transformación verde e dixital a través do Bono Consolida (2,7 millóns).

 

Mobilizáronse ademais axudas 5 millóns para apoiar o emprego en cooperativas e sociedades laborais a través do programa Aprol Economía Social e case 700.000 euros para que as 98 entidades que integran a Rede Eusumo desenvolvan accións de divulgación, formación e asesoramento como a celebrada hoxe en Santiago de Compostela.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
18.97.14.89

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.