O PORRIÑO
Comeza a Semana Branca dos escolares do Porriño
152 nenos e nenas dos centros de primaria viaxan á Estación de Esquí Valle Laciana-Leitariegos para vivir xuntos unha experiencia única na neve e aprender a esquiar
As montañas vístense de branco e os/as nenos/as do Porriño dispóñense a disfrutalas.
Máis de 150 escolares viaxarán esta semana no marco da Semana Branca do Porriño. O destino, a Estación de Esquí Valle Laciana-Leitariegos, unha pequeña e familiar estación situada na provincia de León, na bisbarra de Laciana que é Reserva da Biosfera e no límite co Principado de Asturias. Alí pasarán tres días vivindo unha experiencia de neve na que convivirán cos seus compañeiros e aprenderán nocións básicas do esquí.
Esta actividade está organizada pola Asociación Xornadas Brancas en colaboración co Concello do Porriño, que este ano incrementa a súa aportación superando os 18.000 euros a través dun convenio de colaboración coa Asociación Xornadas Brancas constituída por todos os centros educativos de primaria do municipio.
Na excursión participarán todos os centros de primaria do municipio que sairán de maneira escalonada. Hoxe foi a quenda dos colexios Antonio Palacios e Atios, o mércores sairán Santo Tomás e Hermanos Quiroga e o vindeiro luns o farán Fernández López, Budiño e Ribeira.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, despediron onte ao primeiro grupo de escolares, non sen pedirlles que disfrutaran ao máximo destes días de desconexión xuntos e de todas as aventuras que lles esperan, e tamén que tomen boa nota de todo o que van aprender.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.54