PROVINCIA
A Deputación presenta o seu novo servizo de Xuventude e Reto Demográfico
O deputado Jorge Cubela mantivo unha xuntanza con máis de 30 representantes de concellos para escoitar as súas demandas e dar a coñecer os proxectos dirixidos á mocidade que a Deputación ten posto xa en marcha
A Deputación de Pontevedra presentou esta semana aos concellos da provincia as liñas mestras do seu novo servizo de xuventude e Reto Demográfico, posto en funcionamento neste 2024 baixo o liderado de Jorge Cubela. O deputado provincial foi o encargado de presentar as novas liñas de subvencións e proxectos en materia de Xuventude e Reto Demográfico impulsados polo novo servizo da Deputación e de escoitar tamén as demandas de concelleiros e persoal técnico de trinta concellos da provincia que se deron cita esta mañá nunha participativa xornada no Edificio Administrativo da Deputación.
“Como alcalde –asegurou Jorge Cubela- sempre botei en falta a implicación doutras administracións en materia de xuventude e nós, precisamente, o que queremos desde a Deputación é cubrir ese oco con este novo servizo”. Neste eido, o deputado asegurou que “o noso compromiso é escoitar as vosas propostas, iniciativas e ideas en materia de xuventude, para atendelas en igualdade de condicións, sen filtros políticos”. Ademais, a través do servizo de Xuventude e Reto Demográfico preténdese “non só ofertar novas liñas de actuación, senón tamén ser o promotor da coordinación e da posta en valor de accións que se levan a cabo para dar voz á mocidade da provincia”.
Deste xeito, nos menos de tres meses de funcionamento do novo servizo de Xuventude, tal e como explicou Cubela, tense realizado xa un estudo da normativa e do que se está a desenvolver neste ámbito noutros organismos e deputacións provinciais. Ademais, tamén se puxeron en marcha iniciativas como os Premios Provinciais á Xuventude, o Ciclo de conferencias Aida Fernández Ríos ou o Plan +Xuventude, a primeira liña de subvencións por concorrencia competitiva creada pola institución provincial para asociacións xuvenís e grupos informais.
Xunto a estas iniciativas, iniciouse xa o proceso de elaboración do I Plan Estratéxico de Xuventude da provincia que se redactará tendo en conta a todos os sectores e actores implicados (desde os concellos ata a propia xuventude) e se converterá no eixo central de acción das políticas xuvenís que a Deputación vai impulsar nos próximos anos. Ademais, desde o novo servizo estase tamén a traballar en iniciativas dirixidas a concellos de reto demográfico para equipar locais xuvenís de titularidade municipal; en liñas de axudas para ANPAS e centros educativos públicos para organizar excursións a granxas escolas; nun programa de Semanas Brancas; nunha liña de axudas para que a mocidade poida acceder a vivenda no rural; nun programa de actividades extraescolares para Primaria e Secundaria; en iniciativas para loitar contra a fenda dixital e, entre outras, en programas centrados na saúde mental da mocidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40