Miércoles, 24 de Junio de 2026

Actualizada Miércoles, 24 de Junio de 2026 a las 09:04:47 horas

Xornal21.es
Miércoles, 13 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Grandal merca unha mini escavadora con cazo e "xiro cero" para Obra Pública

A compra do material farase grazas a unha axuda da Deputación de Pontevedra que ascende a 60.560,50 euros.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o seu tenente de alcaldesa e Concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, informaron onte de que lle vén de ser concedida ao Concello de Mos unha subvención a través da Liña 1 do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra para a compra dunha mini escavadora. O importe da axuda, que financia a totalidade do importe da maquinaria, ascende a 60.560,50 euros.

 

 

Sobre esta ampliación de material para o departamento municipal de Vías e Obras os representantes locais, Arévalo e Grandal, explicaron que “o Concello de Mos posúe unha superficie de 52,00 Km2 e dispón nestes momentos unha rede viaria asfaltada que supera os 500,00 km. Asemade a rede de sumidoiros supera a lonxitude de 500,00 km. Polo que é preciso co departamento de Vías e Obras dispoña de maquinaria axeitada ás necesidades diarias do departamento”.

 

Para elo, e grazas á subvención da Deputación, a administración local mosense vai proceder á adquisición dunha miniescavadora de xiro cero coa que se realizarán servizos de reparación, conservación e mantemento da rede viaria do termo municipal de Mos, co fin de aumentar a seguridade e comodidade da circulación polas estradas e camiños así como manter en perfectas condicións de funcionamento a rede municipal de sumidoiros, en definitiva, o que se pretende é manter e conservar as infraestruturas viarias.

 

Ademais o departamento de Vías e Obras colabora en reparacións coas traídas veciñais de augas que existen nas parroquias, na apertura de averías e na limpeza das canalizacións que, coa nova maquinaria, poderase acceder máis fácilmente a espazos reducidos axilizando moito os traballos.

 

En definitiva, a miniescavadora empregarase na realización das diferentes incidencias que se produzan en vías e obras (rede viaria, saneamento, limpeza, etc).

 

A maquinaria, axustada ás necesidades do equipo, permitirá acceder a camiños estreitos, chegar a sitios de acceso complicado. Será unha mini escavadora que dispoña de cazos de distintas medidas para o desenvolvemento dos distintos traballos e posúa un martelo hidráulico para o picado de gabias e pedras.

 

Trátase dunha máquina resistente para a realización das tarefas sinaladas con desprazamento mediante rolos de rodadura de dobre pestana (eirugas) que facilite a carga e transporte no camión do departamento de Vías e Obras. Os rolos poderán ser de caucho ou de aceiro. Asemade a miniescavadora disporá de: enganche rápido, cazo de escavación de aproximadamente 30,00 cm, cazo de escavación de aproximadamente 50,00 cm, cazo de limpeza angulable de aproximadamente 120,00 cm e martelo hidráulico con punteiro.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.