Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 10 de Marzo de 2026 a las 22:10:21 horas

Xornal21.es
Domingo, 17 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei

O Consorcio Augas do Louro e Aqualia celebran o Día Mundial da Auga cunha xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei

[Img #87590]O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo sábado 23 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.


Esta iniciativa pretende resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademáis de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade personal de axudar ao medioambiente.


Programaranse visitas en horario de mañá e tarde cos seguintes horarios:
10:00h visita laboratorio e proceso depuración (maiores 12 anos)
12:00h visita laboratorio e video proceso depuración (menores 12 anos acompañados)
16:00h visita laboratorio e proceso depuración (maiores 12 anos)


Os interesados poden enviar a súa solicitude indicando Nome, DNI, Concello de residencia, idade de cada un dos participantes e hora de visita ao correo contactoconsorcio@fcc.es

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.120

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.