Sábado, 04 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 04 de Abril de 2026 a las 10:00:36 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 26 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

O Museo de Pontevedra recibe en doazón dous cadros de Manuel Abelenda

O Museo de Pontevedra acaba de recibir en doazón dous cadros do pintor Manuel Abelenda Zapata. Trátase de dous óleos nos que retrata ao seu amigo o escultor Bonome, que é o autor dos marcos de ambos os cadros. O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto coa ata agora propietaria das pinturas, Teresa Vilas Vázquez, asinaron a acta de doazón.

 

Os cadros doados retratan ao escultor compostelán Santiago Rodríguez Bonome (1901-1995), representado na colección do museo con cinco esculturas, pero do que non se conservaba ningunha representación iconográfica. Ambas as dúas obras teñen marcos tallados polo propio escultor, o que lle engade un valor adicional á doazón.

O autor dos retratos é Manuel Abelenda Zapata (1889-1957), grande amigo do retratado. Son dous magníficos exemplos da etapa tenebrista-simbolista que cultiva na década de 1920; unha etapa e un xénero que ata agora non estaba representado no conxunto de obras do pintor que forman parte da colección do museo, agás por un debuxo. Un dos retratos é, posiblemente, o que Abelenda expuxo con grande éxito na Exposición Regional de Pintura de Santiago, en 1923.

O estado de conservación das pinturas é aceptable, aínda que require dunha intervención de reparación e limpeza. O traballo será abordado nas próximas semanas polo equipo de restauración do museo. Logo de que se restauren, unha das pinturas pasará a formar parte da exposición permanente que se mostra nas salas do Edificio Castelao.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.