Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 02 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Luis López destaca o Rally do Cocido como elementos dinamizadores da economía e do turismo na comarca do Deza

O presidente provincial destacou esta semana en Lalín a tradición polo deporte do motor que existe na provincia e reiterou o apoio da Deputación ás escudarías que organizan competicións como esta, que son un éxito de público, participación e seguridade

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salientou a importancia da celebración de eventos deportivos como o Rally do Cocido como elementos dinamizadores para a economía e o turismo da comarca do Deza na presentación da vixésimo oitava edición desta competición que terá lugar a vindeira fin de semana. “O Rally do Cocido é un deses acontecementos que, desde o deporte, atrae visitantes e dinamiza a economía de toda a comarca”, afirmou o mandatario provincial este luns en Lalín.

 

 

Luis López reafirmou a aposta do goberno da Deputación polo deporte “como complemento ideal para o turismo”, sinalou o dirixente, quen chegou a colaborar como voluntario na organización deste rally hai vinte anos. Neste sentido, apuntou que o executivo provincial, a través do apoio á organización de eventos deportivos, consegue atraer visitantes á provincia ao longo de todo o ano, dar a coñecer o patrimonio natural e cultural das comarcas e colaborar cos concellos. “A través do deporte practicamos o municipalismo”, sinalou o presidente facendo referencia ás achegas aos concellos ou ás asociacións culturais e deportivas que serven para “combater o reto demográfico, porque as zonas do interior teñen que ter as oportunidades que lle corresponden”.

 

Este compromiso que queda demostrado coa inclusión do criterio demográfico no plan +Provincia ou co apoio a organización de eventos deportivos como este Rally do Cocido ou o partido da selección masculina absoluta de balonmán que terá lugar o vindeiro 8 de maio en Lalín.

 

Despois de recoñecer a tradición do deporte do motor na provincia, onde se celebran catro rallys e diversas probas de montaña e rallymix, e agradecer a colaboración dos concellos, colaboradores e da federación; Luis López puxo en valor o labor dos integrantes da escudaría Lalín Deza, así como de todos os voluntarios para facer do Rally do Cocido unha proba que ano tras ano é un éxito de público, de participación, seguridade e sustentabilidade. É por iso que o presidente, animou a toda a cidadanía da comarca e do conxunto da provincia a que se acheguen os vindeiros 5 e 6 de abril ao Deza para desfrutar deste rally que é “unha experiencia 100 % Rías Baixas”, concluíu.

 

Tendendo pontes co automobilismo galego
O apoio da Deputación á celebración do XXVIII Rally do Cocido, que abre a tempada do motor na provincia de Pontevedra, enmárcase nun clima de colaboración do ente provincial coa Federación Galega de Automobilismo que quedou patente a pasada semana logo do encontro de traballo mantido polo presidente Luis López e a vicepresidenta Luisa Sánchez co máximo responsable da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño, no Pazo provincial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.