MOS
Mos renova os dispositivos antiatragantamento para os centros educativos
O Concello vén de adquirir 14 destes elementos que foron entregados onte nos 5 CEIPs e no IES mosenses, e nos vindeiros días recibiranos nas 3 Escolas Infantís da localidade
O Concello adquiriu 14 dispositivos antiatragantamento para dotar deles aos cinco centros de Educación Primaria, ás tres Escolas Infantís A Galiña Azul e ao IES de Mos. A administración local mosense dotara xa no ano 2022 aos centros educativos do municipio destes dispositivos, que cómpre sexan renovados cada dous anos, así o informaron onte a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Educación, Julia Loureiro, e a edil de Política Social, Sara Cebreiro, que se achegaron a facer a entrega á directora do Colexio de Petelos, Leticia, persoalmente.
Os 14 dispositivos distribúense a razón de 2 unidades por cada CEIP: 1 do modelo adaptado a idades de 3 a 5 anos e outro para 5 a 12 anos, 1 unidade do modelo de 12 meses a 3-5 anos de idade por cada Escola Infantil, e 1 modelo adultos (para 12 anos en diante) para o IES.
Onte entregouse o material nos colexios e instituto e os próximos días farase nas Escolas Infantís mosenses da Rede A Galiña Azul. Os dispositivos adquiridos e repartidos polo Concello de Mos son da marca DECHOKER. DECHOKER é unha empresa que se dedica á venda, distribución e implantación de dispositivos antiatragantamento.
Esta iniciativa atópase enmarcada na campaña municipal para concienciar á poboación e á comunidade educativa sobre todo, da importancia dos atragantamentos, así como actuar ante eles con este dispositivo como arma para evitalo.
O Concello adquiriu dito dispositivo, cuxa utilización é clave para unha rápida resposta en situacións de atragantamento, para dotar aos centros educativos municipais e que neses momentos de risco o problema se solvennte de xeito seguro e satisfactorio sen poñer en risco a saúde do alumnado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122