Martes, 16 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 24 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Aberto ata o venres a preinscrición para optar aos Premios Provinciais á Xuventude

A edición deste ano inclúe once categorías de galardóns para recoñecer o talento de mozos da provincia, entre as que se inclúe por primeira vez a destinada a proxectos de agrupacións estudantís

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata este venres 26 de abril o prazo de preinscrición para optar aos Premios Provinciais de Xuventude que este ano repartirán 36.000 euros entre as mellores iniciativas impulsadas pola mocidade. Estes premios buscan promover o talento e potencial da xuventude, estimular e recoñecer a súa traxectoria, o seu esforzo e compromiso, así como labores relevantes que promovan en distintos ámbitos. Unha vez rematada a preinscrición e validadas as candidaturas, as persoas solicitantes deberán presentar os seus proxectos antes do 19 de agosto.

 

 

Nesta edición dos premios haberá once categorías, entre as que destaca a de proxectos de agrupacións estudantís, convocada por primeira vez e dotada cun orzamento de 2.000 euros repartido en  tres premios de 1.000, 600 e 400 €. En concreto, estes premios están dirixidos tanto a mozos de entre 16 e 35 anos da provincia como a agrupacións estudantís e centros educativos de carácter público cuxo alumnado teña entre 12 e 18 anos. Ademais, convócanse as categorías de iniciativa empresarial, dotada con 4.000 €; educación en valores, con 2.000 €; investigación (coas subcategorías de ciencias, arquitectura e enxeñería e a de artes, humanidades e ciencias sociais e xurídicas), con 8.000 €; contido audiovisual, con 2.000 €; traballo musical (música clásica e outros xéneros), con 4.000 €; traballo literario breve (narrativa e poesía), con 4.000 €; banda deseñada, con 2.000 €; fotografía orixinal (serie fotográfica e fotografía), con 4.000 €; deseño e moda, con 2.000 €, e reacción polo clima, con 2.000 €.

 

En xeral, a estes Premios Provinciais á Xuventude poden presentarse persoas de 16 a 35 anos empadroadas na provincia de Pontevedra, se ben nas categorías de iniciativa empresarial e de reacción polo clima tamén poden concorrer persoas xurídicas nas que polo menos un 75% da xunta directiva ou dos administradores teñan esa idade. Nesta última, ademais, tamén poden presentarse centros de Educación Secundaria en cuxos proxectos participen alumnas e alumnos de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, aos que tamén está dirixida a categoría de educación en valores. Nesta categoría o importe do premio deberá destinarse na súa totalidade á adquisición de material, a saídas educativas, a proxectos escolares, a bolsas para o alumnado ou a calquera outra actividade que teña relación directa coa programación do centro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.