Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 15 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Escola Municipal de Música do Porriño presenta a súa banda infantil

A Escola de Música festexa as Letras Galegas na rúa con actuacións de varias agrupacións

Este mércores día 15, os/as alumnos/as da Escola Municipal de Música do Porriño festexarán o Día das Letras Galegas con toda a veciñanza e visitantes a partir das 19 horas na Praza do Arquitecto Antonio Palacios, ou no Círculo Recreativo Cultural en caso de chuvia.

 


Neste festival, organizado polo Concello e a Agrupación Musical do Porriño, presentarase a Banda Infantil, unha nova formación dirixida por David Trastoy Oseira, que conta con instrumentos de vento madeira, vento metal e percusión, tocados por unha ducia de estudantes da Escola de entre 8 e 14 anos de idade. “É un comezo para asentar las bases dunha banda de música de calidade e referente para o futuro no Porriño”, declara Trastoy.
O festival das Letras Galegas contará tamén coas actuacións dos/as pequenos/as de Música e Movemento, a Coral Infantil, a Coral Polifónica, o Grupo de Música Tradicional e a Banda de Música.


A maiores da celebración das Letras Galegas, a programación musical continúa o sábado 18 co Festival de Bandas de Música a partir das 12 horas, e o Festival de Corais ás 19:30, na praza do Arquitecto Antonio Palacios.

 

En caso de choiva, as actuacións das bandas de música terán lugar no Círculo Recreativo Cultural; e as das corais, na Igrexa de San Rosendo de Torneiros. As agrupacións participantes serán a Banda de Música do Conservatorio de Verín, a Agrupación Musical do Porriño, a Coral Polifónica San Lorenzo de Belesar, a Coral Frol Nova do Círculo Cultural de Chapela e a Coral Polifónica do Porriño (EMMus Porriño).


A Escola imparte as súas clases desde principios de curso no edificio do Centro Cívico na avenida Domingo Bueno.


Este curso a Escola está dirixida por David Trastoy Oseira, e a compoñen trece mestres/as máis que imparten as clases das diferentes disciplinas e instrumentos, ademais de dirixir seis agrupacións.


“A Escola de Música é un motor na vida social, cultural e educativa no noso municipio. É ben sabido que a música axuda no aumento da memoria, da atención e da concentración tanto en nenos/as como en adultos/as, e desde o Concello apoiamos todas estas actividades tan beneficiosas para a nosa veciñanza”, salienta Bienvenido Estévez, concelleiro de Cultura.


Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, conclúe que “a fusión da música e as letras é un dardo directo ao corazón, por iso que mellor que festexar o día das Letras Galegas co son da nosa Escola de Música. As emocións están aseguradas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.