GALICIA
A importancia dos campamentos de verán para a conciliación das familias con persoas con discapacidade
O director xeral de Familia, infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta semana na presentación dos campamentos de verán organizados por Special Olympics Galicia na residencia Afundación de Pontevedra. Durante o evento, lembrou a importancia destes recursos de conciliación para as familias durante os meses de verán, en especial, para aquelas con persoas con discapacidade.
Neste sentido, o Goberno galego pon a disposición de todas as familias galegas o Bono Concilia Familia para axudarlle a facer fronte aos gastos destes campamentos de verán. Así mesmo, agradeceu a Special Olympics a organización desta oferta de ocio educativo durante os meses estivais.
Unha oferta que o Goberno galego completa coa súa campaña de verán aberta a todas as persoas con discapacidade e que este ano conta con máis de 11.500 prazas. Ademais, ofértase unha convocatoria específica para persoas con discapacidade con 250 prazas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213