GALICIA
A Xunta ratifica o seu apoio ás prazas de abastos e o impulso ao selo de Mercado Excelente
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mostrou nesta semana o apoio da Xunta aos mercados galegos durante a súa participación no showcooking organizado pola Asociación de Profesionais da Praza de Abastos de Vilanova de Arousa e a Federación de Prazas de Abastos de Galicia para promocionar as instalacións. Trátase dunha actividade organizada tamén polo obradoiro de emprego Hostalería Mar de Santiago III.
O Goberno galego aposta por potenciar as prazas garantindo as condicións óptimas de accesibilidade e adecuación das súas instalacións, favorecendo tamén a celebración de actividades complementarias. Así, impulsará nesta nova Lexislatura o Selo de Mercado Excelente co que o Goberno galego recoñece ás prazas de abastos e mercados que están a responder aos retos de modernización e innovación sen perder a súa autenticidade e tradición, a súa proximidade e trato personalizado.
Garantir a viabilidade dos negocios, a remuda das actividades e a fidelización da clientela son tamén obxectivos da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración nesta nova etapa co fin de axudar ao sector do comercio e dos praceiros para ofrecer cada vez un produto máis diferenciado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103