GONDOMAR
A Xunta finaliza as obras de mellora da estrada autonómica PO-340 ao seu paso por Gondomar
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este fai uns días as obras recentemente completadas pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en Gondomar, que tiveron como obxectivo a mellora da estrada autonómica PO-340. Durante a visita, Ortiz anunciou que os traballos xa remataron e avanzou que proximamente comezarán as actuacións previstas para as estradas PO-331 e PO-332.
“Estamos ante unha actuación moi necesaria para o municipio que levouse a cabo en tempo e forma. Sería bo que o alcalde de Gondomar gardase a debida lealdade institucional cun investimento do Goberno galego no seu concello”, declarou a delegada territorial.
A Xunta adxudicou o pasado mes de xuño, por importe de 1.182.948 euros, as obras de mellora do firme nas estradas autonómicas PO-340, PO-331 e PO-332 ao seu paso polos concellos de Nigrán e Gondomar. As intervencións incluídas neste contrato abarcarán o treito da PO-340 entre Tui e A Ramallosa, a PO-331 que une Torneiros e Gondomar, e o treito inicial da estrada PO-332 entre Nigrán e Vincios.
As tres actuacións, cun prazo de execución total de nove meses, teñen como obxectivo a rehabilitación localizada do firme mediante fresado e reposición da capa de rodaxe, mellorando así as condicións de circulación en varios treitos destas estradas.
Travesía de Baiona
Ademais, o pasado mes de xuño levouse a cabo a reparación do firme da estrada PO-552 na travesía de Baiona, especificamente entre a glorieta de entrada ao porto e a lonxa de Baiona, ata o acceso ao Parador de Monterreal. Estas obras melloraron o pavimento e a drenaxe, ademais de reducir o ruído. Os traballos tamén incluíron a mellora das beiravías e os aparcamentos, así como a reposición da sinalización horizontal.
Esta serie de actuacións demostra o compromiso da Xunta de Galicia coa mellora das infraestruturas viarias, facilitando unha circulación máis segura e cómoda para os usuarios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213