GALICIA
Un total de 147 ciclos y máster de FP se impartirán en una lengua extranjera el próximo curso
Un total de 147 ciclos e másteres de Formación Profesional de 31 centros desenvolverán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira no vindeiro curso 2024-25. A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva pola que se autoriza a incorporación dun total de 75 ciclos formativos e cinco másteres plurilingües novos que comezan a partir de setembro, e que se engaden aos 67 que xa comezaron o ano pasado e que continúan no 2º curso.
En 66 deles a formación realizarase a través de módulos en inglés, algúns deles combinados con outros idiomas como francés, italiano ou alemán, e en sete a formación será en portugués.
Deste xeito, este ano haberá en Galicia un total de 31 centros con esta oferta á razón de 13 na provincia da Coruña, tres en Lugo, catro en Ourense, e 11 en Pontevedra. Aos centros autorizados no curso pasado para impartir ciclos plurilingües incorpóranse o Centro Integrado de FP CIFP Imaxe e Son (A Coruña), o Colexio CPR Plurilingüe San Fermín (Caldas de Reis), o Instituto IES A Guía (Vigo), o Colexio CPR Daniel Castelao (Vigo) e o Instituto IES Luís Seoane (Pontevedra). Estas ensinanzas correspóndense con 80 titulacións diferentes de FP que impartirán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira neste curso 2024/25. Ademais, con carácter xeral, os ciclos na modalidade de FP Dual incorporarán módulos de Lingua estranxeira profesional.
Mellora das competencias lingüísticas Os ciclos formativos e másteres de FP plurilingües teñen como finalidade a mellora das competencias lingüísticas do alumnado de FP co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral e a competitividade dos sectores produtivos. Neste sentido, o desenvolvemento de habilidades de comunicación oral e escrita en linguas estranxeiras facilitará o desempeño laboral dos titulados no espazo europeo, na liña de internacionalización da FP que está a impulsar a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional a través de iniciativas como o programa Erasmus+.
Ciclos formativos de FP Dual Intensiva Ademais, dado que o coñecemento de linguas estranxeiras constitúe un requisito fundamental das empresas á hora de seleccionar o mellor talento, e atendendo así á demanda desta habilidade por parte das empresas colaboradoras, na modalidade de FP Dual Intensiva un total de 233 ciclos terán módulos de Lingua estranxeira profesional o vindeiro curso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40