Sábado, 18 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 09 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Iníciase en Mos o proxecto de mellora da seguridade viaria na Estrada Puxeiros-Rebullón

A obra, subvencionada pola Deputación, sae a licitación e os traballos comezarán en breve

[Img #17177]A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe de que a Deputación de Pontevedra saca a licitación a obra de mellora da seguridade viaria na Estrada Provincial 2604 Puxeiros-Rebullón subvencionada pola administración provincial e cun orzamento total de preto de 270.000 euros.

 

Estes traballos acometeranse ao abeiro do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais (PUSIM) 2014. O ámbito de actuación comprende a totalidade da estrada, cunha lonxitude aproximada de 805 metros.

 

A importancia desta obra ven dada polo tráfico que soporta esta estrada, que é moi elevado, cunha intensidade media diaria de vehículos pesados de preto de 400 (categoría T2), debido a que serve de acceso ao Polígono Industrial do Rebullón.

 

As obras consistirán na rehabilitación superficial do firme cunha nova capa de rodadura de asfalto, instalación de sinalización vertical, pintado de sinalización horizontal ou marcas viais, e acometida de sistemas reductores de velocidade tales coma tres pasos de cebra elevados en substitución dos existentes, que terán unha altura de 10 cm, unha lonxitude da zona elevada de 4 metros e unha lonxitude das rampas de 1 metro.

 

As obras de mellora da seguridade vial na EP-2604 (Puxeiros-Rebullón) requiren traballos complementarios á rehabilitación superficial do firme da estrada, que son actuacións puntuais en beirarrúas peonís e creación de pasos elevados, ordenación de zona de aparcadoiros no ámbito do Hospital Rebullón, reparación da canalización de abastecemento municipal, e mellora das condicións de drenaxe.

 

As actuacións nas beirarrúas levaranse acabo no tramo inicial da estrada que está moi urbanizado, con edificacións e beirarrúas a ambos os dous lados, dende o ámbito da Glorieta de Puxeiros ata o cruzamento co acceso ao Polígono do Rebullón. Neste tramo é conveniente mellorar a seguridade vial mediante a reparación puntual de beirarrúas e a elevación dalgúns pasos peonís, o cal serve para reducir o índice de accidentes por atropelo, e a velocidade en tramo urbano. Ademais entre o punto kilométrico 300 e o punto kilométrico 335 é necesario dar continuidade á beirarrúa inexistente nesa zona, e dotar de varanda ese tramo.

 

A maiores, no ámbito do Hospital Rebullón resulta recomendable xerar novos espazos de aparcadoiro con itinerarios peonís adaptados. Por iso proxéctase unha nova banda de aparcadoiro de 2.50 metros con beirarrúa de 1.80 metros, dando cumprimento ás normativas de accesibilidade. Esta zona comunicarase co acceso ao Hospital mediante o paso de peóns que se proxecta elevado.

 

Ademais, e como xa se mencionou arriba, esta obra incluirá tamén a reparación da tubería de abastecemento municipal que transcorre pola estrada e a mellora das condicións de drenaxe cun novo deseño de evacuación de augas pluviais.

 

Este proxecto contempla unha segunda fase, tal e como explicaba a rexedora local mosense, na que se acometerá o tramo Puxeiros-Peinador, co mesmo obxectivo de mellora da seguridade viaria.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.