Sábado, 18 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 15 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Os maiores coñecen a Casa do Patrón

O prazo de inscrición na excursión, que se realizará o vindeiro 25 de xaneiro, atópase aberto dende hoxe

O Concello de Mos organiza unha excursión ó Museo Casa do Patrón para a terceira idade incluído no programa Tempo de Excursións que se realiza dende o departamento de Participación Cidadá dende o ano 2009.

 

Esta excursión está programada para o día 25 de xaneiro. A saída realizarase dende o Concello (edificio Urbanismo) ás 08:00 horas da mañá. A actividade iniciarase cunha benvida consistente nun almorzo con pastas caseiras, a continuación realizarase a visita ó Pazo de Mendoiro no que se celebra a festa popular da Matanza do Porco, seguida dunha visita ás exposicións do Museo Casa do Patrón, (13 salas repartidas en tres edificios organizados por temáticas,  onde se poden observar dende antigas escolas ata hábitos da vida dos nosos ancestros).

 

Os participantes poderán tamén presenciar unha demostración de tecido nun tear tradicional para continuar logo coa comida no Restaurante Casa do Patrón cun cocido de Lalín e postres caseiros.

 

Pola tarde, tras o xantar, visitarase a aldea, na que se coñecerán os muíños de río, fornos de leña, etc. Ademais realizarase tamén unha visita ó Castro de Doade.

 

A data fixada para a excursión, coincide cunha festa popular da zona na que representan a matanza do porco, un folclore que se festexará nun pazo chamado o Pazo de Mendoiro. A matanza do porco representa a principal fonte de abastecemento de carne da nas familias rurais para todo o ano, ademais de constituír, xunto co Entroido, unha das formas máis representativas da cultura popular galega. Asemade, foi durante séculos un dos momentos de nucleación social de maior tradición. Polo tanto, esta excursión implica acercar ós maiores tanto ás costumes como as tradicións da nosa terra

 

A concelleira responsable desta iniciativa e delegada da concellería de Participación Cidadá, Kely Monzón, explicou que “un aspecto fundamental, e que motiva a seguir organizando cada vez máis este tipo de actividades, é o fortalecemento dos lazos entre os veciños e veciñas fomentando a súa vez a autonomía persoal, as habilidades de socialización e o aprendizaxe; por iso nos plantexamos a posibilidade de coñecer un recurso patrimonial situado na nosa provincia, o Museo e restaurante Casa do Patrón, considerado o museo etnográfico máis grande de Galicia”.

 

E é que este museo consiste nun espazo dedicado a conservar, dar a coñecer e difundir aqueles signos que axudan a comprender e valorar unha tradición propia. Un espazo para visitar e gozar da cultura e da gastronomía tradicional galegas.

 

Esta actividade consiste nunha excursión moi completa, na que se mesturan costumes, tradicións e gastronomía galegas. Poden participar na mesma todas as persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos; non é preciso que os cónxuxes ou parellas de feito que estean inscritos no Rexistro, cumpran os requisitos; no caso de existir vacantes poderán participar os maiores de 55 anos que non desenvolvan actividade laboral e as persoas non empadroadas en  Mos; os fillos/as discapacitados/as poden acompañar ós seus pais.

 

Inscricións

 

Para participar nesta actividade as persoas interesadas deberán apuntarse no Rexistro do Concello ou na oficina do Multiusos, facéndoo de maneira presencial para asinar a solicitude, sendo imprescindible o cumprimento dos requisitos.

 

O prazo de inscrición comeza hoxe e permanecerá aberto ata o mércores 21 de xaneiro. O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. O día 22 de xaneiro farase pública a lista de admitidos/as.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.