Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 16 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O BNG propón difundir a obra de Rosalía no seu aniversario

En Febreiro cúmprese o 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

O BNG presenta unha moción nos concellos da comarca nos que propón conmemorar o 24 de febreiro, data na que se cumpren 178 anos do nacemento da escritora Rosalía de Castro. Os nacionalistas piden que as actividades, de promoción da obra e o compromiso da escritora máis representativa da lingua e literatura galega, se realicen ao longo de todo o mes de febreiro. Entre elas propoñen lecturas públicas dos seus textos, a organización de manifestacións artísticas como a música, o teatro ou a realización de grafittis e murais.

 

A proposta do BNG dos concellos do Condado, Paradanta e Louriña, tamén pide apoiar todas as iniciativas que se realicen para reivindicar o futuro da lingua galega, implicar á veciñanza e por en marcha medidas a favor do seu uso en todos os ámbitos da vida de cada día.

 

A moción nacionalista inclúe solicitar da Xunta de Galiza un cambio na política lingüística, vista a perda de galegofalantes según os datos difundidos recentemente, retomar o consenso e promover nun prazo máximo de seis meses reformas lexislativas guiadas pola activación de políticas lingüísticas que favorezan a lingua galega.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.