Jueves, 09 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 17 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Baiona

Baiona foi o municipio galego con máis tránsito de embarcacións

O peirao con maior número de tránsitos foi o de Muros con 821, mentres que o municipio foi Baiona, con 935 entre as dúas instalacións náuticas

Os portos de titularidade autonómica de Galicia recibiron 7.781 barcos en tránsito durante o pasado ano 2014. Así o recolle o balance anual realizado por Portos de Galicia, o ente público responsable destas infraestruturas. Segundo datos facilitados polos propios xestores, as dársenas autonómicas comprendidas entre Ribadeo e Baiona incrementaron nun 9% de media o número de embarcacións en tránsito respecto ao ano anterior. Así recalaron nos portos autonómicos un total de 7.129 barcos destas características.

 

Deste xeito, a costa galega confirma a consolidación desta actividade portuaria que experimentara xa en 2013 un importante ascenso e que, no último exercicio, mellorou os seus resultados, acadando un novo récord histórico. Polo que respecta ás procedencias das embarcacións en tránsito, maioritariamente foron estranxeiras, con predominancia das francesas, seguidas de británicas.

 

Nunha análise porto a porto, o peirao que recolleu maior número de tránsitos foi o de Muros, con 821; seguido de Camariñas, con 784; e Viveiro, con 569. Por municipios, o que recibiu máis embarcacións deste tipo foi Baiona, con 935 tránsitos entre os seus dous peiraos deportivos; seguido de Sanxenxo, cos 888 que suman entre as instalacións sanxenxinas e a de Portonovo.

 

Por comarcas, a Costa da Morte experimentou unha forte subida nos dous peiraos, Camariñas e Muxía, que rexistraron en 2014 un total de 784 e 306 tránsitos respectivamente, fronte aos 773 e 161 do ano anterior. Tamén destaca o incremento experimentado na ría de Arousa, onde se acadaron 1.078 tránsitos, un 12% máis que o ano anterior, entre os peiraos de Cabo de Cruz, A Pobra, Ribeira e Vilanova. Nesta zona, a cifra máis alta rexistrouse na Pobra do Caramiñal, con 566 tránsitos, e a principal subida en Cabo de Cruz (Boiro), que medrou un 160%, pasando de 109 en 2013 a 283 tránsitos no pasado ano.

 

Para Portos de Galicia, a captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural, tal como se recolle no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020, que o ente público está a poñer en práctica. Para impulsar estas chegadas, estanse a desenvolver accións promocionais dos portos deportivos de Galicia a nivel nacional e internacional. Así, cómpre reseñar a participación de Portos de Galicia, en colaboración con Turismo de Galicia, en eventos de referencia no sector do turismo náutico, como o Salón Náutico Internacional Grand Pavois, de La Rochelle, ou o Salón Náutico de París.

 

De feito, resulta constatable a positiva repercusión destas accións desenvolvidas nos principais eventos náuticos de Francia e que se teñen traducido na consolidación da hexemonía dos tránsitos franceses en Galicia. Ante os resultados obtidos, Portos de Galicia ten previsto dar continuidade a estas accións en base á súa incidencia nas cifras de captación de actividade náutica para os peiraos galegos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.