Medicina alternativa
Orixe e bases da osteopatía
A osteopatía defende que a función orgánica está determinada pola estrutura. O que quere dicir que, ante unha lesión, perda de mobilidade ou bloqueo en ósos, articulacións, músculos, membranas ou órganos, a función do propio órgano se altera ou mesmo desaparece.
Aínda que a orixe da osteopatía adoita adxudicarse a Andrew Taylor Still, médico estadounidense de finais do século XIX e principios do XX, parece que existen algúns papiros datados do Exipto faraónico (5000 a.C) onde se observa a utilización de manipulacións articulares.
Quizais é algo intrínseco do ser humano, pero en calquera caso, tamén hai documentos que indican que, dende os romanos e gregos ata o século XIX con Still, pasando pola Idade Media e Renacemento, se viñeron utilizando técnicas "osteopáticas" que a máis dun soraprenderían polo seu parecido coas actuais. Non obstante isto non quita que Still fose unha peza importante no desenvolvemento e evolución destas.
Still defendía que a función orgánica estaba determinada pola estrutura. O que quere dicir que, ante unha lesión, perda de mobilidade ou bloqueo en ósos, articulacións, músculos, membranas ou órganos, a función do propio órgano se altera ou mesmo desaparece.
Sobre a base deste principio Still construíu varios piares ou leis: A estrutura goberna a función: Polo tanto corrixindo a primeira corrixiremos automaticamente a segunda; a unidade do corpo, homeostasia ou facultade que ten o corpo para encontrar o seu equilibrio; a autocuración ou facultade que ten o corpo para restablecer a saúde e a lei da arteria: Alí onde hai unha mala irrigación sanguínea instáurase a enfermidade.
Dende Still abríronse moitas correntes osteopáticas, pero a base de todas segue sendo realizar un bo diagnóstico e devolver o equilibrio a todas as estruturas afectadas. Para o primeiro existen multitude de probas nas que se ve o estado tanto xeral coma específico das estruturas.
Unha vez achada a lesión, o osteópata posúe tamén multitude de ferramentas sendo as manipulacións as máis utilizadas. Neste punto é importante resaltar que non todos os tratamentos son abordados con manipulacións, podendo utilizarse técnicas fasciales, miotensivas, funcionais, etc.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217