Opinión
Ilusionado co novo ano
Comezamos o ano escoitando por activa e pasiva que a crise xa está pasada, e que este vai ser o ano do “despegue”. Síntome ilusionado e con ganas de espertar dun pesadelo que me fai pasar as noites en vela.
O soño é horrible: Chamo o centro de saúde de Mos para pedir unha cita para a médica de familia , e danma para unha semana máis tarde.
Intento facelo polo método das consultas teléfonicas ( xa non fai falla que che vexan a cara para saber o que che pasa); pero tampouco é inmediato. Non se pode facer sen cita.
Por fin, cando consigo falar coa facultativa; está necesita facer unha consulta o cardiólogo. ¡Ah! Pero para que escriba no ordenador un SI ou NON, debo agardar case dous meses.
Noutra ocasión , acudo as urxencias do Meixeiro, e colocanme unha pulseira de cor verde, que polo visto significa que antes de duas horas vaime ver un médico. O certo é que antes dos 120 minutos de rigor, xa estaba nunha padiola . Cada proba que me fan , vou cambiando de situación nun pasillo , abarrotado de doentes gritando e familiares berrando polo caos que se está a vivir. Cando pregunto se me teñen que facer algo máis, unha traballadora moi amable, dime que non. Tan só falta que un médico este libre para darme o diagnóstico. Pero, coño, votei contas e cheguei a conclusión de que si collera un avión e fora a un hospital de Cuba, tería o diagnóstico en menos tempo. Despois de coñecer o resultado das probas , o médico tardou seis horas e media en comunicarmo.
O meu cardiólogo, quere revisarme no mes de febreiro; pero o ordenador dí que antes de novembro, nin de coña.
Gustariame contarlle este e outros pesadelos a conselleira de sanidade para que me tranquilizare e me dixera que isto non é real. Porque eu sigo pensando que isto pasoume a min, e foi antes de que a xente acudira en masa as urxencias por non estar vacinados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191