Sábado, 25 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 25 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Os maiores de Mos coñecen a Casa do Patrón nunha viaxe a Lalín

[Img #17346]Hoxe un grupo de maiores mosenses participaron nunha excursión ó Museo Casa do Patrón dentro do  programa Tempo de Excursións que se organiza dende o Concello de Mos.

 

A actividade iniciouse cunha benvida consistente nun almorzo con pastas caseiras, a continuación visitaban ó Pazo de Mendoiro no que se celebrou a festa popular da Matanza do Porco, seguida dunha visita ás exposicións do Museo Casa do Patrón na que percorreron as 13 salas repartidas en tres edificios organizados por temáticas,  onde se poden observar dende antigas escolas ata hábitos da vida dos nosos ancestros.

 

Xa pola tarde, tras o xantar, visitaban a aldea, na que se coñeceron os muíños de río, fornos de leña, etc. Ademais, paras completar esta intensa xornada, realizaban unha visita ó Castro de Doade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.