Galicia
A axencia de protección da legalidade urbanística buscará en 2015 infraccións ao longo do Camiño de Santiago
Das 129 demolicións realizadas en 2014, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística tan só executou unha
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística priorizará en 2015 a atención aos concellos polos que discorre o Camiño de Santiago. Así o o puxo de manifesto a directora da Axencia, María Martínez Allegue, no Consello Executivo deste ente no que presentou o balance de actividade do ano 2014.
O balance de actividade da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística revela que das 129 demolición realizadas ao longo do ano 2014 tan só unha foi executada pola APLU, polo que un 98,22% das demolicións foron executas voluntariamente polos interesados. Martínez Allegue salientou que os datos relativos ás demolicións executadas son similares aos dos anos anteriores, nos que cada ano se foron incrementando as demolicións voluntarias e decrecendo as que executa a Administración.
Aclarou que, comparando os datos de 2014 coas cifras rexistradas en 2010, o número de demolicións voluntarias incrementouse en case 12 puntos, ao pasar das 33 executadas polos interesados en 2013 ás 128 no pasado ano. Na seguinte táboa indícanse as demolicións executadas no período comprendido entre o ano 2010 e 2014.
A directora manifestou que esta tendencia, en boa medida, é froito do traballo da Xunta a prol da concienciación e da educación cívica respecto á normativa urbanística e recordou que o obxectivo último da actividade da APLU é a concienciación e educación progresiva e pouco a pouco estase a acadar ese fin e se dan pasos importantes para acadar unha Galicia na que se constrúe ordenadamente, respectando a normativa e a paisaxe: onde non todo vale e se avoga polo respecto ao medio. Reiterou que a finalidade da APLU non é recadatoria, senón a de restaurar a orde física vulnerada coa reposición do terreo ao estado anterior á actuación ilegal.
Salientou que a política territorial da Xunta de Galicia está baseada na disciplina urbanística e integrada nun contexto que se articula en torno a tres grandes liñas de actuación: a ordenación do territorio e o urbanismo, a protección da paisaxe e a reposición da legalidade urbanística.
Balance de actividade
María Martínez Allegue destacou que a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística está a incrementar ano a ano a súa eficacia a prol do cumprimento da normativa urbanística e así o demostran os datos da súa actuación en 2014.
Entre as cifras mais salientables apuntou que o pasado ano iniciáronse un 34% máis de expedientes de reposición da legalidade urbanística que no exercicio anterior, xa que se pasou de 301 a 406. Incoáronse con carácter prioritario as obras que se atopaban en execución e as remisións de posibles ilegalidades que fixeron os concellos adheridos. Unha vez incoado o expediente, o resultado vén determinado polo carácter legalizable ou non da construción. De non ser legalizable, seguindo o establecido na lei, a resolución será de demolición.
Ao longo do ano pasado resolvéronse 302 expedientes de reposición, un 24% máis que no exercicio anterior: 97 na Coruña, 51 en Lugo, 29 en Ourense e 125 en Pontevedra. Ao comparar estes datos con respecto a exercicios anteriores, pode observarse que foi o ano que máis expedientes se resolveron.
No que se refire ás execucións forzosas, as resolucións dos expedientes establecen un prazo para proceder a reparar o ilícito, transcorrido o cal, a APLU esixe o cumprimento mediante a imposición de multas coercitivas. A reiteración na imposición de multas coercitivas é trimestral cunha contía que oscila entre os 1.000 euros da primeira sanción e os 10.000 euros. O importe incrementa en función do grao de incumprimento. No ano 2014 impuxéronse 406 multas deste tipo, un 3% menos que no ano 2013, no que se rexistraron 417. No documento adxunto poden ampliar esta información relativa aos datos de actividade de 2014 da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
Plan de inspección
Outro dos puntos do día da reunión do Consello Executivo da APLU foi a aprobación plan de inspección urbanística para o 2015, que ademais de priorizar a inspección naqueles municipios polos que discorre o Camiño de Santiago, as operacións de vixilancia e inspección tamén serán realizadas nos concellos integrados á Axencia, os que transcorran polos diferentes roteiros oficiais do Camiño de Santiago, os municipios costeiros e os concellos con espazos naturais.
Outra das prioridades que se mantén no plan de actuación deste ano é a incoación de expedientes das obras que se atopan en execución, con independencia da data da denuncia, de xeito que se paralizan as obras.
Para facer máis fluída a relación cos concellos adheridos, a APLU fíxase un límite dun mes para contestar aquelas consultas, agás que requiran a emisión de informes específicos, que os municipios transmitan á APLU en relación coa disciplina urbanística, competencia da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
Cómpre lembrar que os obxectivos principais son evitar que se leven a cabo obras, instalacións e usos que contraveñan a normativa urbanística e colaborar activamente cos concellos de Galicia no obxectivo común de velar polo cumprimento da normativa e do planeamento urbanístico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184