Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 29 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O PP de Salceda de Caselas solicita que se leve a pleno o orzamento do 2015

Os populares están seguros de que “o Bipartito está a espera de que se celebren as eleccións municipais xa que o Orzamento de 2015 partirá de case un millón de euros gastados tendo en conta o remanente negativo de Tesourería e os recoñecementos extraxudiciais de crédito aprobados para abonar facturas de 2014”

[Img #17388]A historia vólvese a repetir. O Partido Popular de Salceda de Caselas alertar sobre o Orzamento do presente exercicio, “documento que xa debería estar presentado e aprobado e, como xa ven sendo habitual nos últimos anos, chega tarde”, sinala o concelleiro e presidente do PP local, Santiago Rodríguez Davila.

 

Os populares constatan o denunciado a semana pasada referente ao déficit dos ingresos previstos. “Precisamente no último pleno aprobouse un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 185.000 euros para facer fronte ao pago de facturas de 2014, xa que non se recadou o previsto no Orzamento e, consecuentemente, quedaron sen pagar”, explica Rodríguez Davila advertindo de que “non se pode ir comprometendo gastos cando non hai partidas para cubrilos, incorrendo nunha falta total de responsabilidade endebedando máis ao Concello, como se xa fosen poucos os máis de 3 millóns de débeda existentes”. O mesmo razoamento foi o exposto pola propia interventora municipal no seu informe. Ademais, nas vindeiras semanas está previsto que se volvan a presentar outros recoñecementos extraxudiciais de crédito para abonar máis facturas pendentes de pago do pasado ano.

 

Con todo, o remanente de tesourería será de 750.000 euros en negativo e terá que haber un superávit nas contas, “do que seguro eles volverán a congratularse, como tamén fixeron a última vez”, subliñan dende o PP. O que de novo  agochan é que ese superávit correspóndese, precisamente, a ese remanente negativo, pois segundo se recolle na lexislación vixente ese resultado negativo debe trasladarse sempre en positivo ao seguinte Orzamento, “polo que non sería tal o superávit anunciado”. Engadíndolle todas estas facturas que se abonaran mediante recoñecementos extraxudiciais de crédito fará que o Orzamento de 2015 vaia partir con case que un millón de euros xa gastados e non pagados correspondentes ao ano 2014.

 

O Partido Popular de Salceda de Caselas insta ao Bipartito a que leve a pleno o Orzamento para este ano, “tarefa sinxela máis se cabe tendo en conta que son maioría (a pesares da máis que notoria e evidente división interna) e pódeno aprobar de calquera das maneiras. Ou é que será que prefiren esperar a que pasen as eleccións municipais de maio e logo, en función do que suceda, xa verán que facer?”, pregúntanse dende o PP.

 

Por outra parte, os populares informan que coa posta en marcha da plataforma das facturas electrónicas, dende agora e ata, aproximadamente, o mes de abril, non se recepcionarán as facturas por importe de máis de 3.000 euros. “Veremos a partir do mes de abril, que é cando comezará a funcionar dita plataforma, cantas facturas se van recibir no concello?”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.