Mos
Escolares mosenses aprenden a facer unha compra saudable
    
    Os alumnos e alumnas do colexio de Sanguiñeda visitaron esta mañá o supermercado Eroski como parte dun programa formativo sobre alimentación saudable
	
        ![[Img #17391]](upload/img/periodico/img_17391.jpg) A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, acompañaron esta mañá ós 20 nenos e nenas alumnos do CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda á sesión formativa sobre alimentación saudable que se desenvolveu primeiramente no centro educativo para, de seguido, desprazarse ata as instalacións do supermercado Eroski na Avenida de Sanguiñeda.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, acompañaron esta mañá ós 20 nenos e nenas alumnos do CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda á sesión formativa sobre alimentación saudable que se desenvolveu primeiramente no centro educativo para, de seguido, desprazarse ata as instalacións do supermercado Eroski na Avenida de Sanguiñeda.
 
Esta actividade, baixo o título de ‘Visita o teu súper’, é unha iniciativa organizada pola concellería de Educación mosense e está enmarcada dentro do programa de alimentación saudable en Educación Primaria.
 
As visitas ó Eroski comezaron o pasado día 8 de xaneiro, continuando hoxe día 29, así coma durante as xornadas do 5 e 12 de febreiro. A actividade consiste nunha sesión formativa formada por unha charla inicial de 30 minutos no propio centro educativo en cuestión, na cal se ofrece información básica sobre alimentación, consumo e dereitos dos consumidores. E posteriormente, 60 minutos de saída onde se remarca a formación ofrecida a través da visita ás instalacións do supermercado Eroski de Mos.
 
Sobre esta iniciativa Monzón explicou que “o obxectivo da prevención primaria é reducir ou eliminar todos aqueles factores que incrementan a probabilidade de que se produza un trastorno, neste caso alimentario, ó tempo que se aumentan as capacidades persoais e o apoio do entorno. No caso dos trastornos da conduta alimentaria, a desinformación ou as nocións erróneas sobre a alimentación, cobren un dos principais postos nos factores que o desencadean.  Dende esta concellería, consideramos a escola como un dos lugares máis adecuados para modificar hábitos, concienciación, información, xa que é a etapa da educación básica onde se inician e consolidan hábitos para a vida adulta. Por este motivo, coa interacción e cooperación entre profesorado, alumnado, familias, e entidades colaboradoras, poderase contribuír a que os nosos cativos adquiran estilos de vida saudables, fortalezan comportamentos responsables e se desenvolvan adecuadamente nos diferentes ámbitos da vida”, declarou a concelleira.
 
Os obxectivos deste programa son promover hábitos de vida saudable, proporcionar información adecuada sobre a alimentación, facilitar o desenvolvemento do comportamento responsable como cidadáns e informar sobre a promoción e defensa dos intereses e dereitos dos consumidores.
 
Os destinatarios desta actividade son o alumnado de 4º curso de Educación Primaria do Colexio de Atín (19 nenos e nenas), do CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda (20 nenos e nenas), do CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro Mos (20 nenos e nenas) e do Colexio Lar (32 nenos e nenas). En total participarán 91 cativos destes catro centros educativos.
        
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170