Mos
O PP de Mos arranca coa súa folla de ruta cara as eleccións municipais
Hoxe comezou en Pereiras a primera dunha serie de reunións de partido nas dez parroquias para facer balance da lexislatura e deseñar o programa electoral
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, iniciou esta mañá unha ronda de reunións polas dez parroquias mosenses, nas que se convoca unha mesa de traballo entre a rexedora local e os membros do comité do Partido Popular de Mos nas diferentes parroquias.
Cada unha destas dez xuntanzas, que hoxe comezaron e que se polongarán ó longo de todo o mes de febreiro, celebraranse en diferentes lugares de todas as parroquias do Concello.
A mesa de traballo convocada para cada unha das reunións centrarase na revisión de obras feitas e logros acadados, na identificación de obxectivos pendentes e no inicio da redacción e diseño do programa electoral de cara ós vindeiros comicios municipais a celebrar en maio. En definitiva, trátase de arrancar cara as eleccións municipais cunha folla de ruta perfectamente detallada.
A continuación da reunión de hoxe en Pereiras, celebrarase mañá domingo 1 de febreiro a correspondente xuntanza na parroquia de Louredo, para continuar a próxima semana nas parroquias de Dornelas e Mos. E así seguirase sucesivamente ata completar a visita ás dez parroquias mosenses, de xeito que todas as fines de semana se celebre algunha para rematar a ronda de reunións a finais de febreiro.
Arévalo destacou neste sentido “a importancia de traballar codo con codo co comité local e da man das parroquias, que son os que coñecen o sentir e as necesidades reais diarias dos veciños e veciñas de Mos”. Asimesmo a redora local afirmaba que “en 2011 xa demostramos que cumpriramos cos e coas mosenses, feito que foi avalado nas urnas nas pasadas eleccións municipais; ó longo destes últimos catro anos continuamos a seguir cumprindo a pesar da situación económica adversa. Estou segura de que os habitantes de Mos valoran a que foi unha xestión eficiente e volverán a respaldarnos para que sigamos cumprindo catro anos máis”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149