Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 31 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

O grupo de pandereteiras “Lagharteiras” presenta en Torroso o seu primeiro disco

O acto celebrarase o domingo pola tarde no Centro Dotacional de dita parroquia e hoxe terá lugar o ensaio xeral

[Img #17425]Dende a concellería de Cultura mosense que dirixe a edil Sara Cebreiro anunciuose hoxe que o vindeiro domingo, día 1 de febreiro, o grupo de pandereteiras “Lagharteiras” presentará o seu primeiro disco no auditorio do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso ás 18.00 horas da tarde.

 

As “Lagharteiras” veñen de gravar e publicar o seu primeiro CD, o cal recolle unha parte importante de todo o traballo realizado dende a súa formación. O ensaio xeral do concerto que acompañará ó acto de presentación do disco realizarano hoxe ás 21.30 horas.

 

O grupo de pandereteiras “Lagharteiras” nace no ano 2007 co obxectivo de compilar, conservar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario tradicional galego. No ano 2010 o grupo constitúese como Asociación Cultural Folclórica “As Lagharteiras”, proseguindo á ampliación dos seus obxectivos, impartindo aulas de escola e fomentando e promovendo un futuro máis sólido no eido cultural no que traballan. É neste mesmo ano no que a asociación asenta o seu domicilio no Concello de Mos e pasa a formar parte do Rexistro de Asociacións de dito Concello. Dende ese momento establécese unha forte relación de apoio e colaboración.

 

As “Lagharteiras” son mulleres cunha ampla traxectoria no eido da música tradicional, que aúnan os seus coñecementos para afrontar un novo proxecto encamiñado a dignificar e dar o valor que lle é de seu ó patrimonio cultural galego.

 

O grupo ten como obxectivo principal afondar nas raíces da música e da cultura tradicionais galegas para extraer o legado cultural que durante séculos e xeracións foise transmitindo ata chegar ós nosos días, e cuxo obxectivo final vai encamiñado á divulgación dese traballo mantendo a autenticidade e orixinalidade das recollidas de campo que realizaron durante anos de investigación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.