Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 02 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

“Lagharteiras” presentou en Torroso o seu primeiro disco

O acto celebrouse onte pola tarde no Centro Dotacional de dita parroquia

[Img #17447]Onte o grupo de pandereteiras “Lagharteiras” presentou o seu primeiro disco no auditorio do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso ás 18.00 horas da tarde.

 

As “Lagharteiras” veñen de gravar e publicar o seu primeiro CD, o cal recolle unha parte importante de todo o traballo realizado dende a súa formación.

 

O grupo de pandereteiras “Lagharteiras” nace no ano 2007 co obxectivo de compilar, conservar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario tradicional galego. No ano 2010 o grupo constitúese como Asociación Cultural Folclórica “As Lagharteiras”, proseguindo á ampliación dos seus obxectivos, impartindo aulas de escola e fomentando e promovendo un futuro máis sólido no eido cultural no que traballan. É neste mesmo ano no que a asociación asenta o seu domicilio no Concello de Mos e pasa a formar parte do Rexistro de Asociacións de dito Concello. Dende ese momento establécese unha forte relación de apoio e colaboración.

 

As “Lagharteiras” son mulleres cunha ampla traxectoria no eido da música tradicional, que aúnan os seus coñecementos para afrontar un novo proxecto encamiñado a dignificar e dar o valor que lle é de seu ó patrimonio cultural galego.

 

O grupo ten como obxectivo principal afondar nas raíces da música e da cultura tradicionais galegas para extraer o legado cultural que durante séculos e xeracións foise transmitindo ata chegar ós nosos días, e cuxo obxectivo final vai encamiñado á divulgación dese traballo mantendo a autenticidade e orixinalidade das recollidas de campo que realizaron durante anos de investigación.

 

 

LAGHARTEIRAS

 

O grupo de pandereteiras “Lagharteiras” nace no ano 2007 en Vigo, co obxectivo de compilar, conservar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario tradicional galego.

 

Dende a súa orixe está composto por mulleres cunha ampla traxectoria no eido da música tradicional, que aúnan os seus coñecementos para afrontar un novo proxecto encamiñado a dignificar e dar o valor que lle é de seu ó noso patrimonio cultural.

 

O grupo ten como obxectivo principal afondar nas raíces da nosa música e da nosa cultura para extraer o legado cultural que durante séculos e xeracións foise transmitindo ata chegar ós nosos días, e cuxo obxectivo final vai encamiñado a divulgación dese traballo mantendo a autenticidade e orixinalidade das recollidas de campo que realizaron durante anos de investigación.

 

Destes anos de traballo de campo, xorde un amplo arquivo de música tradicional recuperado por gran parte da xeografía galega. O traballo de recuperación do grupo non só recolle a música de raíz, se non que abren un amplo apartado na recuperación de instrumentos e obxectos  cos que se acompañaba o canto e o baile en Galicia.
 

Outro apartado a destacar e a procura da conservación do vestiario tradicional, o grupo trata de conservar e recuperar roupa antiga, así como tamén empregar para as pezas de nova adquisición tecidos o máis semellantes ós que empregaban os nosos ancestros, como é o pano, o picote...

 

No ano 2010 o grupo constitúese como Asociación Cultural Folclórica “As Lagharteiras”, proseguindo á ampliación dos seus obxectivos, impartindo aulas de escola e fomentando e promovendo un futuro máis sólido no eido cultural no que traballan. É neste mesmo ano no que a asociación asenta o seu domicilio no Concello de Mos e pasa a formar parte do Rexistro de Asociación de dito Concello. Dende ese momento establécese unha forte relación de apoio e colaboración.

 

Sitúanse coma un dos grupos de pandereteiras de maior prestixio e recoñecemento da nosa comunidade. Actualmente son arredor dunha vintena de  premios os que avalan tanto a súa traxectoria no mundo da música como a súa laboura  de recolleita e conservación do patrimonio musical galego, destacando:

 

  • 1º Premio no Certame de Cantos de Reis de Boimorto 2009.
  • 3º Premio no concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2009.
  • 4º Premio no Certame de Cantos de Reis de Boimorto 2010.
  • 1º Premio no concurso de Música Tradicional da AX Xiradela 2010.
  • 1º Premio no concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2010.
  • 4º Premio no Certame de Cantos de Reis de Boimorto 2011.
  • 2º Premio no concurso de Música Tradicional da AX Xiradela 2011.
  • 2º Premio no concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2011.
  • 2º Premio no concurso de Música Tradicional da AX Xiradela 2012.
  • 3º Premio no concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2012.
  • 2º Premio no concurso de Música Tradicional da AX Xiradela 2013.
  • 1º Premio no concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés 2013.
  • Premio ó mellor vestiario tradicional Traspés 2013.
  • 1º Premio no concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2013.
  • 1º Premio no concurso de Música Tradicional da AX Xiradela 2014.
  • Premio ó mellor vestiario no concurso da AX Xiradela 2014.
  • 2º Premio no concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés 2014.
  • 3º Premio no concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2014.

 

Participando ademais en importantes festas e festivais de gran recoñecemento no campo da música tradicional, entre os que destacan:

 

  • I Festival Folclórico “Tarambainas” no 2011 (Vigo)
  • Na “Noite da Lúa Meiga 2012” (O Viso, Redondela)
  • No “San Froilán” 2012 (Lugo)
  • As festas do Barrio de San Pedro no ano 2013 (Santiago de Compostela)
  • No festival “Rebumbio” no 2013 (Puxeiros, Mos)
  • XX Festival Internacional Pedro Vaquero 2014 (Ávila)
  • XII Festival de Música Tradicional Xácara 2014 (Oviedo)

 

Na actualidade, veñen de gravar e publicar o seu primeiro CD, o cal recolle unha parte importante de todo o traballo realizado dende a súa formación.

 


Próximas datas de presentacións que xa teñen confirmadas:

13/2/2015 Luar da TVG

15/2/2015 Lume na palleira RTVG

21/2/2015 Balboa (León)

27/2/2015 Ven respirar (Ourense)

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.