Galicia
O CAE 112 Galicia xestionou máis dun centenar de incidencias relacionadas ca neve e co xeo
O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 xestionou dende as 00:00 horas e ata as 12:00 horas deste mediodía un total de 124 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa -neve e xeo que afecta a Galicia. A neve foi a causa que máis incidencias provocou –75 incidencias por verquidos de neve en estradas e 49 incidencias motivadas por placas de xeo-. Por provincias, Lugo foi a máis afectada -con 51 incidencias rexistradas-, A Coruña -con 31-, seguido de Ourense -con 21-, Pontevedra -con 19- e dúas noutras comunidades. En canto aos concellos, Sarria foi o máis afectado con 6, e, Taboada con 4 incidencias.
Entre as incidencias rexistradas, o Centro de Atención ás Emerxencias tivo constancia en Sarria, da colisión de varios vehículos contra a cisterna dun camión cargado de gas-propano por mor da neve. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais e, a carga do camión, tampoco se viu afectada. Tamén, unha ambulancia quedou atrapada a causa da neve no Corredor de Sarria. Ademais, no lugar de Ourol, uns corenta coches quedaron atascados polo mesmo motivo. En Monterroso, ás primeiras horas desta mañá, varios particulares alertaron ao 112 Galicia, que no Alto de Salgueiros, na N-640, había un total de cinco camións e varios vehículos non podían circular. Así mesmo, en O Corgo, camións e vehículos parados na A-6, dirección Coruña. Finalmente, en Pedrafita do Cebreiro, a LU-633, no tramo comprendido entre Sarria e Triacastela, foi interrompida á circulación. Ademais, o particular que alertou ao persoal do Centro de Atención ás Emerxencias, indicou que estaban sen luz.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191