Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 05 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Os traballadores da empresa Kauman en loita pola mellora salarial

O Comité Local do PCG en Ponteareas amosaron o seu apoio ás mobilizacións

[Img #17465]Os 47 traballadores/as da empresa Kauman, situada na parroquia de Bugarín (Ponteareas), compañía da industria química, dedicada á fabricación de bandas transportadoras de caucho, decidiron convocar mobilizacións para reclamarlle á empresa unha subida salarial do 3% o primeiro e o segundo ano, o que significaría un incremento de 31 euros mensuais para cada traballador/a. A compañía realizou unha contraoferta dun 1,5% por un ano, o que suporía aumentar os soldos en 10 euros ao mes.

 

Actualmente, segundo explican dende o Comité Local do PCG en Ponteareas, están regulados polo convenio estatal de químicas, “pero hai un desigual reparto interno dos complementos de posto de traballo (CPT) por beneficios, un total de 143.000 euros, que recaen exclusivamente sobre uns poucos directivos, colocándose algúns deles un 30% por encima do convenio. Algún directivo cobra de CPT o que os traballadores normais cobran de salario”.

 

Fronte a eses feitos, a proposta da empresa foi rexeitada en asemblea pola totalidade do cadro de persoal.

 

Para o Comité Local do PCG “esta situación non é nova nin exclusiva desta empresa. As sucesivas reformas laborais, ditadas pola patronal e executadas polo PPSOE, abocaron progresivamente á clase obreira ao marco legal actual, marcada pola total indefensión fronte a patronal á hora de negociar convenios e dereitos colectivos. Cada nova reforma laboral supuxo un avance clave para o sistema capitalista: mentres se restrinxe o marco de resposta da clase traballadora, fortalécese o poder dos capitalistas” aseguran.

 

Debido a situación na que se atopan, os/as traballadores/as de Kauman están preparando unha manifestación no casco urbano de Ponteareas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.