Salvaterra de Miño
“Tití” candidato do BNG á alcaldía de Salvaterra de Miño
![[Img #17489]](upload/img/periodico/img_17489.jpg)
O BNG-Asemblea Aberta de Salvaterra de Miño ven de elixir por unanimidade a Xosé Antón Outeiro ”Tití”, como candidato á alcaldía. Outeiro, que foi responsábel local do BNG dende 2007, nun comunicado aseguran que “leva traballando intensamente co grupo municipal do BNG, atendendo as inquedanzas e problemas dos veciños e veciñas que conforman as dezasete parroquias do concello de Salvaterra”. Dende vai un ano Xosé Antón Outeiro é portavoz Municipal do BNG.
Segundo o candidato nacionalista, “xa vai sendo hora de rachar coa política clientelar do Partido Popular, da política de ‘derroche’ en obras de escaparate de Arturo Grandal, de malgastar os impostos dos veciños e veciñas sen que se atendan a realidade que esta sufrindo a cidadanía nestes momentos de crise; non se pode tolerar máis que dende o concello non se leven adiante políticas municipais de emprego”.
Aseguran que “O BNG sempre foi a máis e cada elección municipal dende que entrou na Corporación Municipal, o BNG está preparado para gobernar Salvaterra”, afirmou o candidato nacionalista.
Xosé Antón Outeiro ten 49 anos, nado na emigración en Francia, retornou de neno cos seus pais a Salvaterra de onde partiran; é Técnico de Organización na area de Finanzas nunha multinacional da automoción en Vigo onde é presidente do comité de empresa dende o 2006, membro da Executiva Comarcal da Federación de Industria da central sindical CIG en Vigo, secretario da Comunidade de montes de Salvaterra. Outeiro tamén ten participado activamente noutras entidades deportivas e sociais de ámbito municipal e comarcal

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115