Mos
Mañá comeza o Entroido en Mos
Unha festa para os discapacitados abrirá a programación festiva mosense
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a edil mosense, Sara Cebreiro, informaron hoxe de que mañá dará comezo o Entroido en Mos cunha festa para os discapacitados no Multiusos das Pozas, que se celebrará a partir das 16.30 horas.
Cebreiro explicou que participarán na celebración de mañá un total de 160 persoas, membros dos Centros das Escravas da Virxe Dolorosa de Mos e Crecente e de Asodifisi (Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos). A festa constará de merenda a base de doces típicos do Entroido e dunha empresa de animación que organizará un desfile de disfraces, entre outras actividades.
A programación de actividades para este Entroido 2015 está organizada conxuntamente polas concellerías de Cultura e Educación e Participación Cidadá. As representantes municipais avanzaron hoxe ademais que os pratos fortes do programa deste ano serán o tradicional Desfile de Comparsas, unha Festa Infantil de Entroido e o Campamento Infantil de Entroido.
O Desfile de Comparsas celebrarase o domingo 15 de febreiro ás 17.30 horas na Avenida de Sanguiñeda. O prazo de inscrición no desfile de Mos rematou o pasado venres, día 30 de xaneiro, acadando ata entón un total de 22 comparsas inscritas das cales 19 están integradas por adultos e as 3 restantes son comparsas infantís. En canto á súa procedencia, as comparsas inscritas son un total de 13 do propio Concello de Mos e 9 doutros municipios. As comparsas mosenses inscritas son a da Asociación de Veciños San Salvador de Louredo, ANPA do Colexio de Atín, Santa Ana de Veigadaña, Abrente, Escravas da Virxe Dolorosa, Asociación Recreativa Cultural de Guizán, Asociación de Veciños Chan do Bosque, Asociación Cultural Celado, Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, “Chegaron os que faltaban”, A Cividade, “Vai de Varanda” e Asociación Rutas a Cabalo.
Tras o Desfile de Comparsas, ás 20.00 horas, dará comezo a gran verbena amenizada musicalmente pola orquestra Claxxon, que lles ofrecerá a tódolos asistentes máis de tres horas de música e diversión. Xunto con Claxxon actuará Marcos Rodríguez, presentador do programa da TVG Os Favoritos e protagonista do musical ‘Hoy no me puedo levantar’.
O luns 16 de febreiro celebrarase no Multiusos das Pozas a Festa Infantil de Entroido, que dará comezo ás 16.30 horas e entreterá ós cativos participantes durante toda a tarde con discoteca, ‘Photocall’ e numerosas personaxes Disney.
Campamento
Por último, o Campamento Infantil de Entroido que se levará a cabo na Ludoteca Municipal de San Rafael (Pereiras) ten como obxectivo facilitar ós pais e nais de Mos a conciliación da vida familiar e laboral durante esta época vacacional na que os seus fillos non teñen clase. O campamento, que se desenvolverá os días 16, 17 e 18 de febreiro en horario de 10.00 horas a 14.00 horas, vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Durante estas tres xornadas os pequenos realizarán un obradoiro de disfraces, xogos dinámicos, xogos teatrais e orellas de Entroido.
O Concello de Mos subvencionará 10 euros por neno participante do prezo do campamento. Os interesados en obter máis información sobre esta iniciativa ou formalizar a inscrición poden facelo a través do enderezo de correo electrónico ludotecademos@clarexa.es ou do teléfono 688 919 196.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149